Escoitamos moitos compromisos e promesas por parte do conxunto de administracións públicas e partidos políticos no peor da pandemia, pero a nosa situación, lamentablemente, non mellorou.
Celebramos este ano o Día Internacional da Enfermeira cando aínda persisten na nosa recente memoria todos os momentos vividos durante a grave pandemia do Covid-19. Foi tal a gravidade do acontecido a nivel profesional e persoal que, a pesar de que moitos queren esquecer e pasar páxina, as enfermeiras e enfermeiros miramos ao futuro coa prudencia e cautela do que sabe ben as consecuencias dunha crise sanitaria como a sufrida nos últimos dous anos.
As enfermeiras e enfermeiras celebramos o noso Día querendo mirar ao futuro como o que pode e debería ser. Unha oportunidade, unha oportunidade para o cambio. Un revulsivo para mellorar, para aprender e rectificar e para traballar de forma conxunta co obxectivo final de cimentar e apontoar a sanidade que todos e todas merecemos e necesitamos.
Celebramos o noso Día sabendo que somos un valor seguro para garantir a saúde, benestar e calidade de vida do conxunto da sociedade e que somos un claro exemplo de esforzo, dedicación e compromiso en prol dun ben común, como é a mellora da saúde, benestar integral e calidade de vida de máis de 47 millóns de persoas.
Queremos pensar que antes da pandemia xa ninguén o dubidaba pero agora, despois de todo o sucedido, é algo irrefutable. As enfermeiras e enfermeiros somos piar, referente e motor do noso sistema sanitario. Somos axentes de saúde, si, pero tamén de riqueza e progreso para a nosa sociedade.
Por iso, celebramos, un ano máis, o Día Internacional da Enfermeira para poñer en valor nosa imprescindible e decisivo labor na mellora da saúde e benestar integral das persoas ao proporcionar uns excelentes coidados baseados na evidencia científica, a investigación e a experiencia profesional.
E farémolo saíndo á rúa e mostrando, de maneira unida e participativa, o que somos e facemos. Tamén sairemos dos nosos centros de traballo para denunciar que as nosas condicións laborais e profesionais sufriron unha importante deterioración nos últimos anos, especialmente durante a pandemia do Covid-19.
Escoitamos moitos compromisos e promesas por parte do conxunto de administracións públicas e partidos políticos no peor da pandemia, pero a nosa situación, lamentablemente, non mellorou. Necesitamos un maior apoio e recoñecemento público, político e social para poder seguir avanzando máis, tanto a nivel profesional como laboral, polo benestar e saúde global de todos e todas.
É agora ou nunca. Atopámonos nun momento decisivo, despois de dous anos de loita contra a pandemia do coronavirus, para que se desenvolvan todas as actuacións e medidas que permitan mellorar a atención e coidados que prestamos ás persoas nos centros de saúde, hospitais e outros centros sanitarios e sociosanitarios.
Non queremos outra cousa que poder traballar con suficientes medios e recursos en contornas seguras e saudables que nos permitan realizar o noso labor sen sobrecarga, tensión e pésimas e precarias condicións, as cales, ao final, repercuten negativamente na nosa saúde e seguridade e na dos pacientes.
É certo que estamos cansos, saturados e desanimados, tras constatar que os nosos responsables públicos e políticos xa se esqueceron de todo o prometido para mellorar a sanidade e aos seus profesionais, pero tamén o é que estamos moi orgullosos do noso labor asistencial e de coidados antes e durante a pandemia.
No Día Internacional da Enfermeira 2022, as máis de 300.000 enfermeiras e enfermeiros do noso país témolo moi claro. Necesitamos ser máis e traballar en mellores condicións para lograr un futuro saudable, sostible, equitativo, inclusivo e innovador.
Arquivo.- Protesta de enfermeiras e fisioterapeutas convocada por Satse diante do Sergas en Santiago.
Escribe o teu comentario