​Unha vintena de pacientes nos corredores das Urxencias do CHUS, que rexistra un novo colapso

“Reiteramos que a xerencia e o coordinador de urxencias do CHUS persisten no incumprimento das recomendacións do informe dos Valedores do pobo do ano 2015 en relación cos servizos de urxencias do Sistema Público de Saúde, no que expresamente, indican que a ‘saturación dos servizos, en moitos casos de carácter estrutural e non puntual, é a causa principal que motiva o risco de vulneración destes dereitos [dignidade e intimidade].


|

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia unha nova xornada de colapso nas Urxencias do Complexos Hospitalario Universitario de Santiago. 


Critican que a xerencia trata de "normalizar" esta clase de situacións. Mentres, 20 pacientes en cadeiras e padiolas nos corredores do centro esperaban esta tarde para ser atendidos.


Colapso chus

Colapso no CHUS | Foto: FB pacientesCHUS


Desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncian un novo episodio de colapso nas Urxencias do complexo hospitalario compostelán. Segundo este relato, este luns 9 de maio rexistrouse un importante embotellamento nos corredores do servizo de Urxencias, onde ás 15:06 horas había “20 pacientes en padiolas e cadeiras de rodas estaban a esperar nos corredores de acceso a recibir a asistencia nos lugares de atención”.

.


“A esa mesma hora 38 pacientes estaban pendentes de ingreso en planta ocupando as zonas de traballo”, engaden. A plataforma denuncia que a xerencia e profesionais directivos do hospital “seguen vulnerando o noso dereito á intimidade e dignidade persoal”.


Seguen utilizando as Urxencias como almacén de pacientes en espera de ser ingresados facendo un uso indebido do servizo. Persisten en facer caso omiso dos sucesivos requirimentos da inspección de traballo en relación coas zonas de acceso”, critican.


“PRETENDEN NORMALIZAR A SITUACIÓN”

Ao tempo, subliñan que este non é o primeiro nin último episodio de colapso no CHUS: “Pretenden normalizar a utilización dos corredores como unha zona de espera e eventualmente de atención, perseguindo laboral e disciplinariamente, se é preciso, ao persoal sanitario”. Pacientes e Usuarios do CHUS reclaman “máis camas ao dispor dos pacientes”.


Reiteramos que a xerencia e o coordinador de urxencias do CHUS persisten no incumprimento das recomendacións do informe dos Valedores do pobo do ano 2015 en relación cos servizos de urxencias do Sistema Público de Saúde, no que expresamente, indican que a ‘saturación dos servizos, en moitos casos de carácter estrutural e non puntual, é a causa principal que motiva o risco de vulneración destes dereitos [dignidade e intimidade]. As situacións de saturación son consecuencia, entre outros factores, da falta de camas libres nos centros sanitarios e dunha xestión pouco eficaz das mesmas’”, conclúen na súa denuncia.


COLAPSO TAMÉN NO CHUAC

A situación vivida hoxe en Compostela entronca directamente co ocorrido hai unhas semanas no CHUAC, onde foron os propios sanitarios os que deron a voz de alarma pola situación do hospital herculino. Os traballadores destacaron que houbo varios corredores ocupados por pacientes e que mesmo se chegou a ter que meter aos pacientes na zona de antiga consultas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE