"Vox e o PP son o mesmo, cren que as mulleres non temos dereitos", di Carmela Silva

"Se ser hembrista é defender ás mulleres, a presidenta da Deputación está encantada de que Vox a ataque"


|

A presidenta de Deputación de Pontevedra e dirixente do PSOE responde ao califativo de "hembrista" que lle endosou o deputado nacionalista español. 


Silva hoxe presentando en programa Acciona Ou Rural na Deputaciu00f3n de Pontevedra

Silva hoxe presentando en programa Acciona O Rural na Deputación de Pontevedra 



A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aproveitou este venres a súa comparecencia ante a prensa para compartir a súa "sorpresa" ante determinadas noticias ocorridas nos últimos días e lanzar unha contundente mensaxe de "alerta ás mulleres". "Vox e o PP son o mesmo, cren que as mulleres non temos dereitos, que temos que seguir sendo segundoxénitas", sentenza.

A presidenta da Deputación de Pontevedra fixo referencia á cualificación de "hembrista" que utilizou o portavoz do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso dos Deputados, Iván Espinosa de los Monteros, para referirse ao goberno provincial pontevedrés.

O portavoz de Vox publicou unha mensaxe en Twitter como reacción a outro da Deputación de Pontevedra que dentro da campaña #365Dias365Mulleres reivindica cada día nas redes sociais a figura dunha muller, o 17 de abril foi a empresaria María Espinosa de los Monteros como unha "destacada activista polos dereitos civís e políticos da muller a comezos do século XX".




En referencia a este tweet, a mensaxe do político de ultradereita dicía que: "Encántame cando as hembristas descobren quen foi a primeira feminista de España", tentando que se relacionase o seu apelido co da citada activista e dando a entender que se trata dunha antepasada súa cando iso non é certo.

Carmela Silva comentou que "a xente de Vox ademais de ser machistas, de ser racistas, de ser homófobos, de ser fascistas... son incultos". Lembra que María Espinosa de los Monteros "nada ten que ver" co portavoz parlamentario de Vox.


"Se ser hembrista é defender ás mulleres, a presidenta da Deputación está encantada de que Vox a ataque"


"Realmente, esta muller volvería morrerse se fose familiar deste machista, misóxino e señor bastante inculto" afirmou a mandataria socialista sobre esta "barbaridade" do político de ultradereita.

"Se ser hembrista é defender ás mulleres, a presidenta da Deputación está encantada de que Vox a ataque", afirmou Silva.

CRÍTICAS A FEIJÓO
Nesta mesma comparecencia de prensa, a presidenta da Deputación tamén fixo referencia a Alberto Núñez Feijóo, "ese señor que debería deixar xa a Xunta de Galicia porque agora vai presidir o Partido Popular".

Carmela Silva criticou que ao presidente da Xunta "parécelle ben que en Castela León haxa un goberno con nove conselleiros e só tres mulleres conselleiras". Censura que esa falta de paridade "nos lugares onde se toman as decisións" é algo "terrible e realmente duro".

"Desde logo, defensor da igualdade nin foi, nin é, nin será", asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra sobre o líder do Partido Popular, ao que tamén criticou polo seu modo de facer política "no que o único que importa é facer propaganda". Tacha de "vergoña" que os populares gobernen coa ultradereita.

Carmela Silva tamén comentou aos xornalistas que acaba de regresar de Colombia, onde acudiu para visitar ao seu fillo e ao seu neto. Nesa viaxe aprendeu que: "Temos que salvagardar o Estado de benestar", ademais da socialdemocracia, os valores democráticos de cohesión social, "que soamente é posible mantelos con impostos", apuntou.

Neste sentido, Silva instou a Alberto Núñez Feijóo a que "deixe de pedir que baixen os impostos e pida que paguen máis impostos os que máis teñen, esa é a solución para preservar este modo de vida que temos". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE