Santiago lanza bonos para gastar en comercio e hostalería a partir do mes de febreiro

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que o Concello traballa coa hipótese de que os 'Bonos Corazón', para dinamizar o sector do comercio e a hostalería, estean activos desde o 26 de febreiro para coincidir co inicio do Entroido.

|

O Concello sufragará o 40% das compras en negocios de Concheiros e o Barrio de San Pedro, que soportan máis dun ano afectados polas obras que deberían acabar este mes de xaneiro.



Reunión do alcalde Bugallo con comerciantes do Barrio de San Pedro

Reunión do alcalde Bugallo con comerciantes do Barrio de San Pedro 



O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que o Concello traballa coa hipótese de que os 'Bonos Corazón', para dinamizar o sector do comercio e a hostalería, estean activos desde o 26 de febreiro para coincidir co inicio do Entroido.

O rexedor explicou, tras unha reunión este mércores con comerciantes do barrio de San Pedro e Concheiros, que este ano, os bonos publicitaranse baixo o epígrafe 'Bonos Corazón San Pedro" e que poderán utilizarse en todo o barrio.

Esta iniciativa ten o obxectivo de incentivar a actividade económica na hostalería, comercio e servizos locais, con bonos que van desde os 30 ata os 75 euros.

Cada cliente pode descargar ata tres bonos cofinanciados nun 40% polo Concello. Ademais, terán unha validez de tres meses, ata o 31 de maio se se cumpren os prazos previstos.

Bugallo afirmou que o goberno local traballa para completar todos os procesos administrativos relativos antes da data prevista e mesmo baralla a posibilidade de convocar un pleno extraordinario que axude a acelerar o proceso.

AXUDAS DIRECTAS
Sobre as axudas directas que reclamaron os comerciantes de Concheiros nas últimas semanas, Bugallo asegurou que non se tratou o tema na reunión deste mércores.

O alcalde insistiu en que as axudas que se poidan realizar farano dentro da convocatoria xeral do Concello de Santiago. Tamén, asegurou que nesa convocatoria teranse en conta as perdas rexistradas polos comercios, e mesmo poderían incluír o primeiro trimestre de 2022 e non só os do ano anterior.

Sácnhez Bugallo comentou finalmente que a reunión cos comerciantes foi "produtiva e concreta".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE