Os contagios da área da Coruña tamén proceden de "viaxes ao Mediterráneo", recoñece a Xunta

As autoridades sanitarias teñen confirmadas persoas contaxiadas por Covid tras viaxes á costa mediterránea, "tanto persoas que viven en Ourense e zonas perimetrais como persoas que viven na cidade da Coruña", segundo expuxo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello de la Xunta.

|

Do mesmo xeito que admitiu onte co aumento de casos da área de Ourense, a Xunta xustifica o aumento de casos cunha viaxe de persoas maiores de 65 á costa mediterránea.


"Seguiremos facendo estudo caso por caso para coñecer se hai unha relación máis grande e pequena ou son casos illados de viaxes que se produciron de forma individual", manifestou Feijóo. 


Verán benidorm

Benidorm | Foto: EP


As autoridades sanitarias teñen confirmadas persoas contaxiadas por Covid tras viaxes á costa mediterránea, "tanto persoas que viven en Ourense e zonas perimetrais como persoas que viven na cidade da Coruña", segundo expuxo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello de la Xunta.


Preguntado polas excursións a Benidorm detrás do repunte de casos que rexistra a área sanitaria de Ourense nos últimos días, sumou tamén un incremento de casos na Coruña, "vinculados con viaxes á costa mediterránea".


"Seguiremos facendo estudo caso por caso para coñecer se hai unha relación máis grande e pequena ou son casos illados de viaxes que se produciron de forma individual", expuxo Feijóo, quen precisou que, do sistema de rastrexo, non teñen confirmación "se o maior número de casos proceden de viaxes ou outras cuestións".


Con todo, manifestou que si está confirmado que do número de persoas contaxiadas que detectaron este mércores "si que hai viaxes á costa mediterránea". "Tanto de persoas que viven en Ourense e zonas perimetrais como persoas que viven na cidade da Coruña".

"Veremos se é un brote único ou se forma parte do conxunto de brotes", apuntou Feijóo, quen admitiu que lles gustaría que fose "único" para facilitar o seguimento. "Pero ás veces son brotes dispersos e non é tan sinxelo", recoñeceu.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE