Laporta é un magnífico actor ao que as evidencias están a deixar ver o que hai detrás de cada unha das súas actuacións, por agora pouco brillantes. Adoita utilizar a quen faga falta para sacar beneficio propio, sen importarlle os danos colaterais que poida ter.
Joan Laporta, presidente do Barça en segundo mandato - nunca segundas partes foron boas- gústalle ser protagonista, ninguén ten a menor dúbida. Pero é protagonista polas cousas que está a facer, é un malo investimento en imaxe. Gañou as eleccións aos seus rivais porque se despacho dicindo que el era o único que podía garantir a continuidade de Messi, e unha boa parte dos socios creullo. Tal foi a súa “aposta” polo astro arxentino que ata protagonizou un vídeo no que se lle vía abrazando a un maniquí coa camiseta de Messi, pero sen cabeza - sería premonitorio do que lle faría despois?- no que prometía unha oferta que non podía rexeitar… É máis, tíñao tan “claro” que ata chegou a declarar que “se gaña outro candidato, Messi non quedará”. Unha afirmación que se cumpriu gañando el, grazas a Messi. É unha fraude a súa vitoria? É evidente que si, pero non dimitiu, non se dá por decatado.
Este domingo o diario Sport, diario de cabeceira de Laporta - Cambiaría de medio? entrevistaba a Leo Messi, e entre outras cousas - el segue sendo do Barça, non se esquece- referiuse ás palabras pronunciadas meses atrás polo presidente Laporta en que afirmaba que “tiña a esperanza ilusa de que Messi xogaría gratis para quedar", palabras que se quedaron gravadas na memoria do futbolista que apoiara a Laporta. Por iso, o xogador explicaba que “me doeron porque creo que non ten necesidade de dicir iso, é como sacarche a pelota de encima e non asumir as súas consecuencias,”. Para a continuación engadir que a el ninguén lle pedía xogar gratis. Que el faría todo o posible por continuar: baixouse o seu soldo ao 50% cando llo pediron, e que fixo todo o posible para seguir no Barça.
Unhas declaracións que quixo facer para despexar calquera tipo de dúbida na afección barcelonista sobre a súa actuación neste desagradable episodio no que Laporta quixo cargarlle todas as culpas. Foi Messi o “enganche” para facerse de novo coa presidencia azulgrana, que, por certo, a pesar das mentiras, as cousas non é que lle vaian a saír moi ben que digamos. Nada máis chegar, fixo “limpeza” catalogada de vinganza, cargándose a todos aqueles que el cría que o traizoaban. Para iso non dubido de rodearse dos seus amigos e mesmo dos seus familiares. Non lle tremeu o pulso. Tampouco sucedeu cando cesou a Koeman días despois de confirmalo no seu cargo de adestrador. Ao final cando fala dunha cousa terase que interpretar que será a contraria.
Xa no seu día, no momento de negociar con Messi, e dixéronlle que podía marcharse ao PSG, o seu actual equipo, Laporta sinalou que “a renovación de Messi puxese o risco o futuro do club”. Ademais para xustificar a marcha de Leo, apostilou que “o club está por encima de calquera xogador”, unha frase que tamén se podía aplicar despois da súa brillante xestión á fronte do Barça.
Laporta é un magnífico actor ao que as evidencias están a deixar ver o que hai detrás de cada unha das súas actuacións, por agora pouco brillantes. Adoita utilizar a quen faga falta para sacar beneficio propio, sen importarlle os danos colaterais que poida ter. Xa na súa primeira etapa utilizou ao seu cuñado, Alejandro Echevarría, e sacrificouno sen dubidalo cando saíu á luz a súa vinculación coa Fundación Francisco Franco. É máis, chegou a dicir en rolda de prensa a un xornalista que “Non volverá pisar o vestiario do Barça e se o ve, fágamo saber que actuarei en consecuencia", Agora, cando tivo problemas, tamén coas penas alma do club, volveu a tirar de excuñado e estalle sacando as castañas do lume., con esa discreción que sempre lle caracterizou pola súa vocación de barcelonista.
A Laporta as castañas, as batatas e os panelleTs atragoaríanselle este domingo escoitando/lendo as declaracións de Messi e é que ao final, “a mentira ten as patas moi curtas".
Escribe o teu comentario