Saltan 26 positivos máis en DomusVi Monforte dez días despois de coñecido o presente brote de covid
O brote na residencia da multinacional coñeceuno a Xunta o 5 de setembro con 34 usuarios . Dez días despois o número de afectados crecen en 26.
Domus Vin Monforte
Os casos de Covid na residencias de maiores de Galicia sufriron un incremento nos últimos días, ao confirmarse outros 26 positivos no centro DomusVi de Monforte, que suma 59 usuarios coa enfermidade.
Segundo informou Política Social, nos últimos días detectáronse eses novos positivos na residencia monfortina, pero recibiron o alta 10 usuarios: 9 da residencia e apartamentos San Vitorio de Baralla e un do centro García Irmáns de Betanzos.
Deste xeito, este mércores quedan en residencias galegas 66 usuarios con Covid: 59 en DomusVi de Monforte, 3 na residencia do Bolo, 2 en García Irmáns de Betanzos, un en San Vitorio de Baralla e outro na residencia As Gándaras de Lugo.
Mentres, os centros de atención a persoas con discapacidade seguen sen ter casos de Covid, tras recibir o alta o último usuario afectado a pasada semana.
Escribe o teu comentario