O olfacto político de Ana Pontón

Manoel Barbeitos
Economista


Moitos cidadáns galegos e unha maioría de organizacións sociais, entre as que o BNG debe buscar o seu apoio,  cústalles entender que "PSOE / PP a mesma merda é ". Non o entenden nin o aceptan porque non é verdade.


A señora Ana Pontón, si as primeiras impresións non me enganan, ben de demostrar de que ademais dunha política brillante ten un bo olfato político tal que lle permite ver claro que, fronte ao que pensan membros destacados da súa organización, Galicia nin sociolóxica nin politicamente é o Pais Vasco ou Cataluña. Que unha vez recoñecida esta evidencia é necesario reflexionar e sacar as correspondentes conclusións políticas.


Conclusións como que, dado o escenario político galego, nin a curto nin a medio prazo é viable en Galicia un goberno nacionalista como, por caso, naquelas comunidades. Non é posible por que si ben é certo que da man da señora Pontón o Bloque Nacionalista Galego experimentou nas últimas eleccións autonómicas un ascenso espectacular o salto quedou manifestamente lonxe desa maioría necesaria para, por caso, gobernar en solitario. Que, xa que logo, precisa de incrementar notablemente o apoio electoral.


Pero que, incluso no caso mais favorable, ademais de conservar o liderado das esquerdas o BNG para gobernar precisará de contar tanto co PSdeG-PSOE como, moi posiblemente, coa UP porque do contrario non chegará a presidir a Xunta de Galicia.


Cando a señora Pontón fala de "ensanchar o BNG" todo parece indicar que é consciente destas realidades. E consciente, por caso, de que debe modular o seu discurso e as súas propostas políticas si quere tanto ampliar a súa base electoral canto asinar acordos cos demais forzas galegas de esquerda. Unha modulación que, como ben apunta esta política, non lle esixiría ao BNG renunciar aos seus principios pero si adecuar as súas estratéxicas e as súas tácticas a realidade política actual para que, por caso, os/as galegos/as que non se consideran nacionalistas pero si soberanistas lle den o seu apoio. De que si ben a reivindicación dun referendo non ten en Galicia, nin de lonxe, os apoios necesarios si os tería, por caso, a reivindicación dunha reforma progresista do actual estatuto e do vixente sistema de financiamento autonómico. Medidas que, sen discusión, serían un avance moi notable na soberanía de Galicia.


Neste camiño sería positivo que o BNG entendera tamén que o escenario político español de hoxe non é o mesmo que o da anterior lexislatura. Que o actual goberno (PSOE/UP) non é equiparable ao goberno anterior (PP), que nin Sánchez é Rajoy nin Montero é Montoro, nin Castells é Vert... como así o entenderon organizacións políticas como PNV, Bildu, ERC, Comúns, Compromis, Teruel existe....cuxo apoio ao actual goberno permitiu que se aprobaran non poucas medidas progresistas. Que moitos/as cidadáns galegos/as e unha maioría de organizacións sociais, entre os/as que o BNG debe buscar os seus apoios, tamén pensan o mesmo polo que lles costa entender eso de "PSOE/PP a mesma merda é". Non o entenden nin o aceptan por que non é verdade. Non so non é verdade senón que ademais é un enorme erro político que debera ser corrixido (V.I. Lenin: "A enfermidade infantil do esquerdismo no comunismo").


O tempo dirá si a iniciativa da señora Pontón responde ou non a esta visión dos escenarios políticos galego e español de hoxe en día. Si esta visión se acompaña dunha táctica e unha estratexia conforme a tal visión. Si atopa na súa organización, o BNG, os apoios necesarios e o equipo directivo para poñelas en práctica. O tempo dirá, finalmente, si o sector mais ortodoxo da súa organización (UPG) entende e acepta que "os tempos son chegados" para dar o grande salto adiante.


20210904171755



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE