Sétimo brote de covid en menos dun mes nunha residencia galega: 17 positivos en Val de Monterrei
Os casos de Covid-19 detectados entre usuarios de residencias de maiores de Galicia aumentan a 46 tras rexistrarse 17 positivos na Val de Monterrei, na que hai 18 contaxiados.
A residencia está xestionada por Residencia Val de Monterrei SL, segundo o Rexistro da Xunta, cuxo administrador único, segundo o Rexistro Mercantil, é Camilo Álvarez González, o presidente do Club Ourense de Baloncesto e administrador da construtora Coviastec
É o segundo gran brote en Val de Monterrei en menos dun ano, pois en outubro saltaron 46 positivos.
Segundo informaron este xoves as consellerías de Sanidade e Política Social, en Galicia hai 46 casos de Covid entre usuarios concentrados en 10 residencias de maiores.
Deles, 18 corresponden á Residencia Val de Monterrei (Ourense); 10, á Santo Estebo de Perlío de Fene (A Coruña); seis, á Vivenda comunitaria de Alfoz (Lugo); tres, á Residencia de Ribadeo (Lugo); dous, á Concepción Arenal da Coruña; outros dous, á Bo Día Magnolio de Vigo; e outros dous, á DomusVi Vigo.
A estes s suman un na Residencia Caser A Zapateira, outro na Residencia de Val do Dubra (A Coruña) e outro na Residencia de Chandrexa de Queixa (Ourense).
RESIDENCIAS DE DISCAPACIDADE
En canto ás residencias de discapacidade, mantéñense na Comunidade galega con 32 usuarios contaxiados concentrados en dous centros en Vigo e Sarria (Lugo).
En concreto, 31 positivos corresponden ao Fogar e Clínica San Rafael de Vigo e un ao CAPD de Sarria.
Escribe o teu comentario