O efecto Junqueras

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Todos sabemos que en Catalunya existe un problema que continua sen resolución a curto prazo. Para reconstruír a historia do ocorrido, basta ir ás hemerotecas virtuais e tomar nota das actuacións duns e doutros. A procrastinación dalgúns axudou a que houbese xuízos, condenas e prisión para os que tentaban alcanzar a independencia. Lembremos que o 10 de outubro de 2017, Catalunya converteuse nun Estado Independente en forma de República durante 15 segundos. Xusto os que tardou o Presidente en suspendelo, deixando a todos os seus seguidores pasmados. Non sabemos se se pasmaron máis cando se decataron da súa fuxida; o que si quedou claro é que os independentistas quedaron divididos. Aquela declaración parecía ser unha boa broma.


Oriol Junqueras é unha persoa que nunca escondeu as súas intencións. Ninguén podería entender que fuxise a Europa como Puigdemont. Porque ten unha ideoloxía que herdou de non sabemos quen, desde que naceu. Agora, despois de varios anos na cadea, as cousas míranse dunha forma diferente. A restitución social non se alcanza nun “chabolo” cheo de libros, informes, decretos e leis. A pesar de asinar a carta que chegou ás manoos do goberno, as intencións non se controlan con promesas ou, como dirían os ingleses: “ new resolutions”.


Por outra banda, o efecto que produce este xesto na mente dos independentistas e de separación. Junqueras sabe que sen o apoio dos votantes el deixa de existir. Pero quere dar un paso adiante. Se iso chega a ocorrer, a solución dos indultos sería un golpe con consecuencias económicas. Moitos catalás son independentes de corazón, pero a mente escora cara ao poder económico; o que controlan desde hai moito tempo. E non deberían ser criticados por iso. Basta ver outras comunidades autónomas con cheas de vantaxes fiscais que a Catalunya non dan chegado. A transformación tecnolóxica e económica é unha causa fundamental para os cambios políticos e ideolóxicos que afectan aos diferentes planos da sociedade, porque ao final o que se busca é un estado de benestar global. Posiblemente sexa utópico, pero iso fai que as xentes se entreteñan nun soño idílico e sigan controlando diñeiro.


Os presos políticos de todo o mundo quedarán asombrados ao escoitar que os comparan cos exdirixentes cataláns en prisión. Non podemos esquecer que neste país condénanche por un artigo do código penal, e leste apróbano no Congreso dos Deputados. Por esa razón non existe aletoriedad nas sentenzas por estes delitos e só queda a vía dos indultos. Catalunya é unha nación pero non é un Estado. Penso que nunca chegará a selo porque o que pretende, e quere ser, é un pobo independente. Para iso non lles chega con ser autónomos, se non son libres de gestionar os impostos. Esa é a clave de todo. A complexidade de pedir iso ao Estado español, resúmese na frase: queremos ser independentes. Co efecto que produce a carta de Junqueras vexo que está máis próxima esa meta económica. Iso si, ao resto das Comunidades vai custar pouco asumir o custo catalán. Xa estamos afeitos calar e dicir que chove, cando mean por nós.   


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE