Covid municipios: Vigo, Noia e Ribeira conquistan o risco baixo mentres A Coruña empeora por segundo día seguido


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de cornavirus por municipios mostra como o verde da nova normalidade e o amarelo do risco baixo seguen gañando terreo.


O Vicedo, Xove, Lousame, Zas, Outeiro de Rei, Beariz, Samos e Toques son os concellos con peores datos na última semana, en proporción á súa poboación. A súa incidencia acumulada semanal está entre 125 e 250, risco extremo segundo o baremo do semáforo oficial de alertas para este indicador.


Segue sen haber ningún municipio por encima de 250. Este é o valor para partir do cal o SERGAS valora impoñer as máximas restricións (confinamento municipal, etc.). Por tanto, o máis probable é que o Comité Clínico da Xunta non confine hoxe a ningún concello.





Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Santiago de Compostela +1
  • Outeiro de Rei +1
  • Soutomaior +1
  • Coruña (A) +6



Relación de concellos de máis de 10.000 habitantes cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Vigo -6
  • Lugo -2
  • Pontevedra -2



A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa: 


COMPARATIVA POR CIDADES

As cidade con peores niveis de covid-19 na última semana é Ourense, con case 50 positivos por cada 100.000 ourensáns.  


Co seu -6 no cómputo semanal de hoxe, Vigo baixa dos 25, o que permite unirse a Santiago e Pontevedra como únicas cidades en risco baixo, en amarelo no mapa de Galiciapress, en verde nos gráficos do doutor Luís Vázquez:



A 14 días a única cidade que está en risco baixo é A Coruña, por se a única por baixo de 50. Con todo, o cómputo semanal da Coruña creceu nas dúas últimas xornadas, polo que é posible que volva a risco medio ao longo desta semana.




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

O distrito sanitario de A Coruña experimenta un visible repunte hoxe, pasando de 324 a 335 casos activos, en parte debido a o brote detectado na Delegación da Xunta en Monelos.  O cómputo global de pacientes no resto de áreas tamén sobe , salvo en Vigo e Santiago. 




A nivel autonómico, os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente por décimo sétima xornada consecutiva e redúcense a 1.729 na Comunidade galega, cinco menos, ao haber máis altas (86) que contagios (82), ao que se engade un falecido.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Lugo (-16) e Santiago e Barbanza (-12), mentres que aumentan nas da Coruña e Cee (+11), Ferrol (+6), Vigo (+4) e Ourense (+2) e mantéñense sen cambios na de Pontevedra e O Salnés. 


DATOS DE HOXE POR ÁREA



En canto aos novos contagios de Covid-19 por calquera tipo de proba han repuntado a 82, tras iniciar esta semana con 54, o que implica 28 máis que a xornada anterior.

No conxunto de Galicia foron confirmados 83 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, deles 28 na área da Coruña e Cee; 21 na de Vigo; oito na de Ourense; outros oito na de Ferrol; e seis nas de Santiago e Barbanza, Pontevedra e O Salnés e Lugo.


PRESIÓN HOSPITALARIA HOXE POR ÁREA
Segundo os datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, recollidos por Europa Press, descenden a 14 os pacientes que permanecen en UCI debido á Covid no conxunto de Galicia --uno menos-- e caen a 65 os que atopan noutras unidades de hospitalización, tres menos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Santiago e Barbanza, A Coruña e Cee e Vigo; mentres que aumenta lixeiramente na de Ourense --que volve ter un paciente en UCI despois de quedar o venres sen ingresados en críticos-- e mantense nas de Pontevedra e O Salnés, Lugo e Ferrol.

En concreto, na de Santiago e Barbanza seguen tres persoas en UCI e descenden a 12 os doutras unidades --tres menos--; na da Coruña e Cee queda un en críticos --un menos-- e permanecen 12 noutras unidades de hospitalización.

Na de Vigo aínda que seguen cinco en UCI, descenden a seis os doutras unidades --uno menos-- e na de Pontevedra e O Salnés redúcense a un o críticos --un menos-- mentres soben a 14 os doutras unidades --uno máis--.

En canto ao área sanitaria de Ourense, hai un paciente Covid en UCI, despois de que o venres pasado quedase sen ingresados críticos por este coronavirus, e continúan sete noutras unidades de hospitalización.

Na de Lugo mantéñense dúas persoas en UCI e seis noutras unidades; e na área de Ferrol segue un paciente en críticos e oito noutras unidades.

5s8Dh incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (3)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE