Inés Rey avoga por que se relaxen as restricións xa que as cifras da Coruña "convidan a certo optimismo"
A alcaldesa da cidade herculina apoia as últimas actualizacións do Goberno de Galicia en canto a permitir a reunión de ata dez persoas en interiores e seis en exteriores.
A regiodra, coas cifras sobre o avance da vacinación na man, considera que as medidas son as apropiadas para este momento.
Inés Rey na súa visita ao CEIP Juan Fernández Latorre | Foto: @ConcelloCoruna
A alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, dixo que as cifras de contagios da covid "convidan a certo optimismo" e mostrou o seu apoio ás medidas que anunciadas pola Xunta na desescalada.
En declaracións aos medios durante un acto no CEIP Juan Fernández Latorre, Rey considerou que é o momento de adoptar estas medidas unha vez a vacinación supera o 40% e os maiores recibiron a dobre pauta da vacina.
A alcaldesa cre que a vacinación avanza "a bo ritmo" en Galicia e que isto permite tomar medidas para a desescalada. Segundo afirmou, a Xunta de Galicia tomou decisións respecto a as restricións "pensadas e valoradas con criterios sanitarios" en base aos índices de contaxio.
Para Inés Rey, estas normas sempre foron "razoables" e sempre as apoiou, mostrando o seu compromiso de seguir facéndoo.
Por tanto, a alcaldesa herculina ha mostrado a súa satisfacción ante as medidas anunciadas esta mañá e cualificounas como "correctas neste momento".
Escribe o teu comentario