Risco de que a cepa india haxa circulado por un hospital de Vigo tras o ingreso dun mariñeiro

Un mariñeiro do barco 'Prometheus Leader' --confinado no Porto de Vigo desde o martes 27 de abril-- que permanecía hospitalizado con covid ingresou na unidade de coidados intensivos. Mentres, o número de contaxiados do segundo barco illado, o 'Emerald Leader', subiu a un total de 10 positivos, con catro deles hospitalizados.

|




A variante india é a responsable do brote do Prometheus Leader, que causou varios ingresos no hospital Vithas Vigo, e a mesma cepa infectou a outro ingresado no mesmo hospital, pero sen relación aparente co barco, e á súa muller


Ante a posibilidade de que a cepa india haxa pasado dos mariñeiros a outros pacientes do hospital Vithas, o SERGAS lanzou un cribado entre os traballadores, sen atopar positivos por agora


A Xunta debería informar este mércores se o brote noutro mercante, o Emerald Leader é, como parece, tamén da variante india, que a OMS acaba de clasificar como "preocupante" debido ao seu posible  maior transmisibilidadeprobable maior resistencia aos anticorpos, o que podería minguar a eficacia das vacinas



Emerald leader vigo

O Emerald Leader é o segundo buque que en pouco días sufriu un brote e tivo que ser posto en corentena como o Prometheus Leader, os dous da armadora NYK Line


Un mariñeiro do barco 'Prometheus Leader' --confinado no Porto de Vigo desde o martes 27 de abril-- que permanecía hospitalizado con covid ingresou na unidade de coidados intensivos. Mentres, o número de contaxiados do segundo barco illado, o 'Emerald Leader', subiu a un total de 10 positivos, con catro deles hospitalizados.


Así, segundo informaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas), un dos cinco tripulantes do primeiro barco que se atopaban hospitalizados ingresou este martes na UCI. A pasada semana xa houbo outro mariñeiro deste barco que estivo durante uns días na unidade de coidados intensivos, aínda que foi trasladado a planta este luns. O SERGAS informou onte que íaselle facer un TAC hoxe a un dos mariñeiros.


HABÍA OITO POSITIVOS ENTRE A TRIPULACIÓN
No relativo ao 'Emeral Leader', este martes detectáronse outros dous positivos máis, co que este brote suma 10 mariñeiros contaxiados. Destas persoas, unha xa estaba ingresada no Hospital Vithas de Vigo (antigo Fátima) e tres máis foron hospitalizadas este martes.

O servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) está a realizar a secuenciación das mostras para determinar a variante do virus que afecta o brote deste segundo barco. No que respecta ao primeiro buque, xa foi confirmado hai uns días como a variante india.


CRIBADOS NO HOSPITAL
No marco destes contagios, o Sergas confirmou que se realizou un segundo cribado ao persoal de planta do Hospital Vithas, aínda que "todos resultaron negativos".

En días previos detectáronse en Vigo outras persoas contaxiadas coa variante india de covid-19. Trátase de unha muller de 66 anos que chegou á cidade olívica procedente de Nova Deli vía Barallas, e de un home que permanecía ingresado por diversas patoloxías no Hospital Vithas e a súa esposa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE