O presidente da Xunta acaba de confirmar a detención tres casos do variante Delta Plus do coronavirus na autonomía.
Hai que lembrar que en polo menos nun dos dous barcos en corentena confirmouse a presenza da cepa india, que acaba ser declarada "variante preocupante" pola OMS. Portavoces oficiais do Hospital Vithas Vigo, antigo hospital de Fátima, indicarnon esta mañá a Galiciapress que todos os seus traballadores deron negativo en dous PCR. O SERGAS lanzou un cribado alí, onde están ingresados varios mariñeiros, tras descubrir dous positivos -un paciente e a súa muller- con cepa india e non relacionados cos barcos.
A Xunta non publicou os resultados dos cribados, pero as cifras globais de Vigo hoxe revelan un salto de positivos moi importante. Salto que é especialmente preocupante porque a cepa india circulou por Vigo máis aló das tripulacións dos dous barcos en corentena.