Covid municipios: Santiago e Lugo empeoran a risco medio e A Illa entra en risco extremo

En concreto, a de Lugo-A Mariña-Monforte baixounos en dúas, ata os 11, dos que dous --un menos-- están críticos; mentres que a de Pontevedra-O Salnés reduciu nun os ingresados, ata os 16, un deles en coidados intensivos --sen variacións.Pola súa banda, a área sanitaria da Coruña-Cee non variou e mantense cun total de 72 hospitalizados, aínda que si descenderon nun, ata os 14, os que requiren UCI. Na de Ferrol tamén seguen estables, con nove ingresados, dos que tres están en coidados intensivos.Mentres tanto, a área sanitaria de Vigo contabiliza nos datos deste luns un total de 56 ingresados, seis máis, aínda que non cambiou a cifra dos enfermos críticos ao manterse en oito.Así mesmo, tamén subiron lixeiramente os hospitalizados na área de Santiago-Barbanza, ata os 22 (+2), dos que tres (os mesmos) están na UCI; e na de Ourense-Verín-O Barco, ata os 22 (+1), dos cales un segue en coidados intensivos. 


|

A Illa de Arousa únese á lista de municipios turísticos prexudicados polo aumento da mobilidade na ponte de San José e Semana Santa. 

Como sufriron antes a Cangas, Baiona, Sanxenxo, Noia ou A Pobra; A Illa paga as consecuencias dunha maior mobilidade polas vacacións.


Así, A Illa chegou a San José no nivel de nova normalidade, en verde no mapa, sen contagios no últimos sete días. A partir de aí foi empeorando ata pasar hoxe dos 125 contaxiados por 100.000 habitantes, o que a empuxa a risco extremo, o segundo peor de todos os niveis posibles.



Cantos positivos houbo en A Illa na última semana? Imposible sabelo. Por algún motivo, a Xunta non dá os datos concretos dos municipios de menos de 10.000 habitantes. Limítase a despachalos con a expresión "entre 1 e 9", ata que os contagios chegan á decena. Iso si, o rango de incidencia acumulada situaba onte á illa en risco alto, o que nos permite deducir que, ao entrar hoxe en risco extremo, que a situación empeorou.


Relación de concellos cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:


  • Coruña (A) -10
  • Gondomar -3
  • Vigo -3
  • Cambre -2
  • Grove Ou -2
  • Ames -1
  • Cangas -1


Municipios cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:


  • Oleiros +1
  • Ourense +1
  • Pobra do Caramiñal A +2
  • Lugo +2
  • Santiago de Compostela +4
  • Pontevedra +5


A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:


COMPARATIVA DE CIDADES

A nivel de cidades, destaca o bo comportamento de Ferrol. En marzo era a segunda cidade con peores cifras do país pero foi mellorando ata situarse na urbe con menor incidencia acumulada semanal:



A Coruña era a cidade con peores cifras en marzo e ségueo sendo en abril. Agora ben, esta urbe mantén unha sostida tendencia á baixa, pese ao repunte hoxe da súa incidencia a dúas semanas:



Santiago de Compostela cambio onte de cor no mapa, abandonando o laranxa do risco medio polo amarelo do risco baixo. Hoxe desanda este camiño e recupera a cor laranxa. O motivo é que a incidencia acumulada de Compostela a unha semana rolda os 25, que é precisamente o límite entre risco baixo e medio para este indicador. Santiago tivo o seu mellor momento a mediados de marzo cunha incidencia acumulada a dúas semanas de 42 e desde entón tende lixeiramente á alza, con vaivéns, ata os 61 actuais:




Algo similar sucédelle a Lugo. Viviu o seu mellor momento a mediados de marzo cunha incidencia acumulada a dúas semanas de só 30 diagnósticos por 100.000 lucenses en 14 días e desde entón a urbe está cunha lixeira tendencia á alza, ata alcanzar os 41 positivos en dúas semanas actuais:








EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA


Santiago e Pontevedra son as dúas únicas áreas activas que presentan ultimamente curvas de casos activos á alza. Santiago chegou a ter só 233 infectados o 26 de marzo e agora está en 285, tras o brote na Pobra. Pontevedra baixou a 206 casos activos o 25 de marzo e subiu ata os 246 actuais.  Pola contra, Vigo que había repuntando a finais de marzo empezou a baixar, chegou a alcanzar os 621 e descendeu a 577.




Segundo os datos publicados este luns, os casos activos han volto a repuntar lixeiramente respecto onte ao situarse nos 2.174 en total, sete máis que os contabilizados a xornada inmediatamente anterior, a pesar de que son mellores cifras que ao comezo da Semana Santa.

Das sete áreas sanitarias, catro rexistran unha baixada este luns ao computar máis altas que novos diagnósticos nas últimas 24 horas. Son as áreas da Coruña-Cee, con 695 pacientes (-11); Vigo, con 577 (-4); Ferrol, con 92 (-4); e Lugo-A Mariña-Monforte, con 133 (-1).

Pola súa banda, repuntan os enfermos de covid nas áreas de Santiago-Barbanza, ata os 285 (+12); en Pontevedra-O Salnés, ata 246 (+13); e en Ourense-Verín-O Barco, a 146 (+2). 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

Ademais, na última xornada Sanidade sumou 112 novos contagios de coronavirus detectados por todo tipo de probas --105 confirmados cunha PCR--, polo que o total de infectados desde o inicio da pandemia colócase nos 117.628. Estes 112 últimos casos dos que se tivo constancia supoñen un incremento de 20 sobre os 92 do domingo.

Das novas infeccións notificadas, sitúase á cabeza a área de Santiago-Barbanza, que suma 26 positivos nun día; seguida da Coruña-Cee e Pontevedra-O Salnés, con 25 cada unha; e de Vigo, con 19.

Á cola dos contagios están Lugo-A Mariña-Monforte, con oito casos detectados; Ourense-Verín-O Barco, con sete; e Ferrol, con só dous. 





HOSPITALIZACIÓNS POR ÁREA SANITARIA

O incremento dos ingresados por coronavirus en Galicia débese á subida dos hospitalizados en planta, ata os 187, oito máis en 24 horas. Con todo, as unidades de coidados intensivos (UCI) experimentaron un alivio ao contabilizar 32 pacientes covid, dous menos.

Por áreas sanitarias, tan só dúas delas reduciron o número total de hospitalizados no último día. En concreto, a de Lugo-A Mariña-Monforte baixounos en dúas, ata os 11, dos que dous --un menos-- están críticos; mentres que a de Pontevedra-O Salnés reduciu nun os ingresados, ata os 16, un deles en coidados intensivos --sen variacións.

Pola súa banda, a área sanitaria da Coruña-Cee non variou e mantense cun total de 72 hospitalizados, aínda que si descenderon nun, ata os 14, os que requiren UCI. Na de Ferrol tamén seguen estables, con nove ingresados, dos que tres están en coidados intensivos.

Mentres tanto, a área sanitaria de Vigo contabiliza nos datos deste luns un total de 56 ingresados, seis máis, aínda que non cambiou a cifra dos enfermos críticos ao manterse en oito.

Así mesmo, tamén subiron lixeiramente os hospitalizados na área de Santiago-Barbanza, ata os 22 (+2), dos que tres (os mesmos) están na UCI; e na de Ourense-Verín-O Barco, ata os 22 (+1), dos cales un segue en coidados intensivos. 


P7GVb incidencia covid a 7 d as por municipios de galicia  (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE