​Un grupo de traballadores do Grupo Hotusa nega o desmantelamento da compañía en Chantada polo coronavirus

Empregados do Grupo Hotusa emitiron un comunicado no que manifestan o seu "rexeitamento ás condutas e accións que se están levando a cabo no noso nome en Chantada por parte da CIG".


|

Empregados do Grupo Hotusa emitiron un comunicado no que manifestan o seu "rexeitamento ás condutas e accións que se están levando a cabo no noso nome en Chantada por parte da CIG".


Hotel de hotusa


Hotel Eurostars de Madrid, propiedade de Hotusa


Nun "exercicio libre e voluntario", estes traballadores din non sentirse representados polo sindicato e denuncian presións por parte do organismo sindical. "Atacaron a máis de trinta compañeiros e compañeiras, os cales recibiron unha notificación de denuncia persoal por querer exercer a súa liberdade de expresión e non ceder ás presións", agregan.


"Sentimos a imaxe que se está dando da empresa en referencia ás acusacións de desmantelamento que non teñen ningún fundamento. Trátase dun proxecto que comezou con seis persoas e agora, oito anos despois, somos máis de 250, apostando por diversas áreas demostrando así a súa confianza no proxecto de Chantada", comentan os empregados.


A continuación, no comunicado dan o seu apoio a Hotusa Hoteis "polas oportunidades laborais ofrecidas, que contribúe ao noso crecemento profesional, xa que no momento das incorporacións a maioría non mos contaba con experiencia laboral algunha, e hoxe en día algún de nós ocupamos posicións de responsabilidade na empresa".


DENUNCIA CIG

O comunicado dos traballadores responde a unha denuncia da CIG na que sinalaba ao Grupo Hotusa de realizar un desmantelamento en Chantada coa escusa das perdas provocadas polo coronavirus. "Unha escusa", denuncia o sindicato, "para aplicar despedimentos selectivos" nunha persecución que afecta a empregados a oito empregados, algúns con vínculos coa CIG. 


"Hotusa pretende dar un paso máis nos seus prácticas represivas revestindo de obxectividade uns despedimentos que claramente teñen a finalidade de desfacerse dos traballadores que lle resulta máis molestos e dar un escarmento ao resto de compañeiros", expoñen.


A versión da empresa, en cambio, recalca que os despedimentos nas oficinas de Chantada responden unicamente á caída de reservas ante a expansión do coronavirus. Ademais, desde Hotusa sinalan que o número de despedimentos é "inferior" ao que advirten desde o sindicato e que os contratos extinguidos "eran eventuais ou a tempo parcial". Do mesmo xeito recalcan que ningún dos traballadores despedidos tiña "ningunha vinculación con organizacións sindicais no momento de extinción".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE