​O Dépor ficha a Miguel Juane como secretario, pero non como conselleiro

O vigués incorpórase á nova directiva do club herculino e formará parte do Consello de Administración do RC Deportivo da Coruña, aínda que non gozará do cargo de conselleiro.


|

O vigués incorpórase á nova directiva do club herculino e formará parte do Consello de Administración do RC Deportivo da Coruña, aínda que non gozará do cargo de conselleiro.


Miguel juane

Miguel Juane | Foto: RC Deportivo


Desde as oficinas da Praza de Pontevedra sinalan que a súa entrada no club supón un “reforzo” da área xurídica. Do mesmo xeito, advirten que Juane é “un profesional con ampla e recoñecida experiencia no ámbito do dereito deportivo”.


No seu currículo figura presidir durante oito anos o Comité Galego de Disciplina Deportiva ou a Asociación Galega de Dereito Deportivo durante catro anos. Juane posúe a carreira de Dereito e é mediador colexiado, ademais de dous máis


Con todo, a carreira do xurista non se circunscribe exclusivamente aos xulgados: “Miguel Juane está vinculado co deporte en toda a súa traxectoria vital, porque antes de iniciar a súa carreira no ámbito xurídico foi xogador profesional de baloncesto, ademais de ser director xeneral do CAB Obradoiro”.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE