Axudas para deportistas convocadas hoxe polo Concello da Coruña

O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, as bases reguladoras da convocatoria pública de concorrencia competitiva das bolsas para as e os deportistas da cidade, segundo informa.

|

A Administración amplía o orzamento das subvencións, polo que este ano poden chegar a máis dos 65 beneficiados na anterior convocatoria


O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno, as bases reguladoras da convocatoria pública de concorrencia competitiva das bolsas para as e os deportistas da cidade, segundo informa.


Xunta de Goberno do Concello da Coruña

O importe global das bolsas ascende a 90.000 euros, "30.000 euros máis que na anterior convocatoria en que se concederon 65 bolsas", explica.

Con elas, segundo a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, preténdese a súa participación en "competicións deportivas de alto nivel". Tamén valorou o traballo realizado polo Servizo Municipal de Deportes para que a convocatoria estea aprobada antes do final do primeiro trimestre.

Noutra orde de cousas, o Concello da Coruña informou dos traballos de reparación do reloxo do Palacio Municipal de María Pita para que poida "volver soar na primavera". Unha empresa coruñesa é a encargada de realizar os traballos de restauración da maquinaría que levaba 20 anos funcionando tan só con labores de mantemento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE