A exposición NÓS

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Se alguén busca algunha actividade para ocupar ben o seu tempo de lecer, podo e quero recomendarlles que pasen a visitar a exposición titulada “De NÓS a nós”. Esta exposición está comisariada por Afonso Vázquez Monxardín, profesor e colaborador da Rexión, e continúa a viaxar por Galicia celebrando a efeméride dos 100 anos da revista NÓS. Porque cen anos non se cumpren todos os días, e como o “desastroso ano 2020” non era para festas nin celebracións, o recordo dos grandes das letras galegas continúa neste 2021. Podemos vela no Centro Cultural da Deputación de Ourense e na Sala da Fundación ABANCA na Praza Maior.


A primeira exposición de NÓS en Santiago, con 15.000 visitas, pouco tivo que ver coa que se nos presenta en Ourense. É necesario animar a todos os que xa a viron, a que repitan a experiencia. A razón non está en que en Ourense fagamos as cousas mellor ou peor, senón que en dous espazos próximos, pero ben diferenciados, observo moitas das pezas expostas anteriormente, nunha disposición, agora, máis idónea. En concreto son catro espazos amplos ben distribuídos e cheos de luz. O peor que che pode ocorrer nunha exposición é que che perdas dentro dela ou que che marches sen entender o tema que se presenta. Neste caso Afonso V. Monxardín tivo ben claro que os obxectos que contextualizan a época do nacemento da revista en Ourense non podían eclipsar o valor da revista nin a figura dos seus autores. Todo un éxito.


Na inauguración do día 24 de febreiro de 2021 houbo bos discursos por parte do presidente da Deputación e do presidente da Xunta da Galicia. Monxardín explicou e agradeceu as achegas de entidades públicas e de particulares e empregou os termos de excelentísimo, e ilustrísimo, (hoxe obsoletos), motivado quizas polos nervios do momento ou polo romanticismo dos anos 20. A quen non tivemos a oportunidade de escoitar foi ao alcalde de Ourense. Non pronunciou palabra, pois como maior autoridade alí presente, e para un acto cultural ao que asiste, ben podía solicitar dicir algo. Pero a presenza de numerosos invitados, entre eles colaboradores, entidades e fundacións, artistas, escritores e músicos, guiñaron un ollo a tantas en tantas ocasións nas que se conmemoran eventos desta importancia. Digo iso porque a organización fixo un esforzo para cumprir as normas sanitarias de seguridade e penso que o conseguiron. Por iso quero felicitar á Deputación de Ourense por esta exposición e animar a todos a que vaian varias veces para visitala ata o día 18 de abril. Tamén hai un catálogo da exposición con moita calidade e cun prezo razoable.


Investir en cultura é transformar a sociedade na que nos movemos. Segue sendo un potencial que ninguén debería desprezar e algúns non entenden.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE