Laporta, a CUP e a pandemia, tres alegrías para este 2021

Carmen P. Flores

Como os afeccionados ao balompé non poden presenciar en vivo e en directo os partidos dos seus equipos preferidos, por iso da covid, os estadios están tristes, non senten os aplusos nin os berros dos miles de seareiros, nin teñen quen manche os seus asentos, nin quen encha de cascas de pipas o chan. Os estadios están tristes e solitarios á espera de tempos mellores que aínda non se sabe cando chegarán.

 


Publicidade do precandidato á presidencia do FC Barcelona Joan Laporta nos arredores do Santiago Bernabéu, estadio do Real Madrid




Quizais por esa soidade, e porque as eleccións á presidencia o Barça son o vindeiro domingo, este luns, os Mossos de Esquadra entraban, por orde xudicial, nas oficinas do Camp Nou para  facerse coa documentación do chamado caso Barçagate, que xa case todo o mundo sabe de que vai, porque todos os medios publicaron a noticia que correu como a pólvora. Sen dúbida é a ocasión perfecta para desviar a atención informativa a este acontecemento e esquecerse das desfeitas e saqueos que están a levar a cabo os “angelitos” dos antisistema que resultan que son de fóra: italianos, franceses e unha española, segundo dicía TVE na súa edición de mediodía de informativo territorial de Catalunya. Os demais pasaban por alí e quedaron mirando...


A policía autonómica tiña a orde xudicial de rexistrar as oficinas do club blaugrana, pero non de deter ao expresidente Bartomeu e a tres exdirectivos da súa xunta. Se non tiñan orde de detención quen ordenou a mesma que mesmo levo a Bartomeu a pasar a noite na comisaría? Pedirá a xuíza encargada responsabilidades pola actuación de Mossos? De momento non se coñece se iso será así. Como din algúns, está por ver.


En plena campaña electoral azulgrana, prodúcese esta operación. Que hai detrás da mesma? Non podía esperar a súa señoría unha semana máis?A que candidatura das tres que se presentan beneficia a detención de Bartomeu? A dous delas, entre as que non está Jaume Freixas.


A máis dun gustaríalle saber o papel que tivo o conseller de interior Miquel Sámper, que foi nomeado en setembro do ano pasado cando se falaba de que as eleccións poderían celebrarse no outono dese ano. Miquel Buch, anterior conseller, perdera a confianza do entón presidente, Quim Torra, polas actuacións de Mossos nos disturbios que realizaron os independentistas. O conseller Buch defendeu a actuación dos mesmos. Actitude que incomodou ao presi e a boa parte do independentismo, que decidiron cargarse a Buch. Para controlar mellor a policía catalá, Puigdemont nomeou a un home da súa confianza: Sámper.

Quen quere Puigdemont que gañe as eleccións do Barça? Unha das dúas candidaturas independentistas, con preferencia polo seu amigo Joan Laporta   que volverá meter a política independentista no club para desgraza dos millóns de afeccionados que teñen os blaugranas. O equipo do Barça é a mellor plataforma de internacionalizar o conflito catalán, con resonancia mundial que non teñen os partidos políticos. 


Se Laporta gaña as eleccións, a CUP entra no goberno e segue a covid facendo das súas, a verdade é que o futuro de Catalunya cada vez vese máis negro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE