Falacias

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Falacia: “Engano ou mentira que se esconde baixo algo, 

en especial cando se pon de manifesto a súa falta de verdade”. 

Sinónimos: “engano, mentira, ficción, falsidade, fraude, difamación”.


O día 22/01/21, o Sr. Feijóo dicía aos Galegos: «Que máis ten que pasar para dicirlle aos cidadáns que despois de traballar hai que irse a casa?» e á vez: “Temos que salvar o Nadal”. E á vez, os Colexios Médicos de todo o país, “piden restricións máis duras”. No caso do de Ourense: “solicítase un confinamento domiciliario dun mes, para frear os contagios (23/01/21)”. Non se pode estar na misa e repenicando. E tampouco facer “oposición” ás decisións de Madrid, só por facer desgaste do Goberno central… Prexudicando e confundindo á opinión pública TODOS Os DÍAS!



A iniciativa de protexer a economía antes que a saúde, está claro que non está a dar resultado, nin para unha cousa nin para a outra (excepto para as grandes multinacionais que seguen gañando diñeiro a esgalla: “Iberdrola aspira a 8.000 millóns de euros en Fondos Europeos”...). Canto ben podería facerse destinando ese diñeiro á xente que de verdade o está necesitando? Ou defendemos a saúde, por encima de todo, ou estaremos meses e meses, ou anos, coa pandemia. A Organización Mundial da Saúde (organismo que aglutina a case todos os países do mundo e á que algo de prestixio aínda queda) ten que tomar a iniciativa e promove un CONFINAMENTO TOTAL, de toda a humanidade, por un período dun mes, que se aproveitaría, en exclusiva, para vacinar a toda a poboación.



A vacina debe producirse en todos os laboratorios do mundo, para poder chegar a TODA a poboación. Estamos a falar dunha EMERXENCIA SANITARIA A NIVEL GLOBAL e non vale o de que un laboratorio ou outro fagan “o que poidan” e cobrar por iso cantidades multimillonarias. Deben ser todos os países, cada un na súa capacidade, os que elaboren as vacinas: “por terra, mar e aire” e utilícenas xa!.



A cuestión económica ten que quedar paralizada durante ese tempo e TODOS Os gobernos do mundo dar axúdalas pertinentes nese período de non actividade. Situación factible, pois a humanidade estaría parada case na súa totalidade, os países non investirían os seus orzamentos máis que nos produtos básicos, e así, as persoas vulnerables, poderían subsistir mentres dure o ESTADO DE ALARMA DE VERDADE.



O 17/09/20, Feijóo “ve moi perigoso ofrecer os datos por contagios dos concellos” e o 09/10/20, a Xunta ofrece os datos de casos COVID-19 activos, por concellos, na súa web.



O 22/10/20, di que “apoiará limitar a mobilidade nocturna”, a condición de que non se chame “toque de queda” e o 15/01/21, Feijóo é partidario de adiantar o “toque de queda”, ás 18h.


O 26/10/20, di que “é demoledor un estado de alarma que se carga o consumo” no Nadal e Semana Santa. O 11/11/20: Feijóo apoia que o estado de alarma, permita ás CCAA confinar.



O 17/11/20, o Sr. Feijóo desmente a Illa e di “que a vacina non chegará ata abril”, pois ben, o 27/12/20 comeza a vacinación no estado español.



Non falemos de os Rastreadores de Feijóo: 6.200 que logo quedaron en 207… do envurullo de non vacinar a quen non lle corresponde: o de Xosefina Fernández e o seu irmán, de DomusVi, é de traca! O de non pedir responsabilidades aos administradores e administradoras de as Residencias de Maiores, despois de 700 muestes nelas.



Temos que ter moito coidado cos casos que se están producindo de COVID-19 positivo EN ANIMAIS: contaxio en visóns americanos (3.100 que foron sacrificados) en Galicia (hai 26 granxas en total). É unha decisión positiva, pero temos que estar vixiantes neste tema.



Outra cousa importante é o que se está chamando “ondas”: agora estamos na terceira, pero é mellor dicir: que cando nos confinamos, o número de contagios baixa de forma significativa; o “bicho” sempre está aí, somos nós os que llo poñemos máis difícil na súa transmisión ao confinarnos. Máis que onda, o confinamento fai baixar a propia “onda”…


O máis prezado que temos é a saúde: coidémola!


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE