O Goberno de Inés Rey si recorrerá o fallo de Meirás que obriga a indeminzar á familia Franco

A alcaldesa coruñesa, Inés Rey, confirmou que recorrerán a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña sobre o pazo de Meirás que obriga a indemnizar aos Franco polos gastos contraídos desde 1975 e que considera que actuaron de "boa fe", aínda que ratifica que o inmoble é do patrimonio público.

|

O Concello da Coruña, ao contrario do que determinou o Goberno de España, si está disposto a ir de novo ante os tribunais para evitar ter que indemnizar á familia do ditador. A Deputación da Coruña e o Concello de Sada tamén están dispostos a presentar batalla. 


"É complicado de entender e de explicar esa parte da sentenza onde se fala de posesión de boa fe e esa obrigación de indemnizar a quen non era lexitimo dono do pazo", razoa a alcaldesa, Inés Rey.


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presenta a iniciativa cultural 'Salas Abertas'

Inés Rey, alcaldesa da Coruña | Foto: EP


A alcaldesa coruñesa, Inés Rey, confirmou que recorrerán a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña sobre o pazo de Meirás que obriga a indemnizar aos Franco polos gastos contraídos desde 1975 e que considera que actuaron de "boa fe", aínda que ratifica que o inmoble é do patrimonio público.

Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, despois de que primeiro o Concello de Sada e logo a Deputación coruñesa anunciasen que recorrerán, fronte ao posicionamento mantido pola Avogacía do Estado, que non recorrerá, do mesmo xeito que a Xunta.

"Entendemos que é susceptible de ser recurrible", manifestou a alcaldesa coincidindo coa súa presenza no acto de plantación dunha árbore procedente da casa familiar da escritora Rosalía de Castro.

A rexedora asegurou respectar "os posicionamentos procesuais de todas as partes", pero incidiu en que o "compromiso" do Concello da Coruña é "firme". "É complicado de entender e de explicar esa parte da sentenza onde se fala de posesión de boa fe e esa obrigación de indemnizar a quen non era lexitimo dono do pazo", engadiu, lembrando que haberá que esperar a que o Supremo admita o recurso ao ser de casación.

En canto á repercusión do fallo da Audiencia da Coruña no preito que o consistorio xa avanzou que fará para recuperar a Casa Cornide, Inés Rey insistiu en que son "cuestiones e realidades xurídicas diferentes". Con todo, admitiu que lles preocupaba que quedarán "asentados" aspectos recolleitos na citada sentenza e que, por iso, recorrerán.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE