Dimisións en Cidadáns tras os rumores dunha moción de censura a Manuel Baltar en Ourense

Manuel Riabo Arias, ata o de agora coordinador provincial de Ourense de Cidadáns (Cs) presentou a súa dimisión este xoves. Este paso coincide na mesma xornada na que saíu do partido Montserrat Lama, a que era única representante da formación laranxa na Deputación de Ourense.

|

Dous das cabezas máis visibles na provincia vanse do partido acusando á dirección galega de inxerencias


O PSOE leva semanas tentando convencer aos laranxas para que se unan aos díscolos de DO para expulsar ao PP do goberno provincial, por agora sen éxito


O feito de que Lama deixe o partido pero siga como deputada provincia imposibilita, en principio, calquera intento de desaloxar ao baltarismo do poder


Montse Lama foi deputada do PP e agora deixa cidadáns, nunha imaxe da CRTVG

Montse Lama foi concelleira do PP e agora deixa C's, nunha imaxe da CRTVG 


Manuel Riabo Arias, ata o de agora coordinador provincial de Ourense de Cidadáns (Cs) presentou a súa dimisión este xoves. Este paso coincide na mesma xornada na que saíu do partido Montserrat Lama, a que era única representante da formación laranxa na Deputación de Ourense.

Segundo puido saber Europa Press, para renunciar ao seu posto, Ribao presentou un escrito no que explica que a súa decisión responde a "razóns de índole persoal e incompatibles coa maneira de actuar do partido nos últimos días".

Ribao finaliza o seu escrito agradecendo "as oportunidades" que o partido lle brindou no seu momento.

ADEUS DE MONTSERRAT LAMA
Montserrat Lama, tamén concelleira en Xinzo, anunciou en rolda de prensa horas antes que se pasaba ao grupo de non adscritos nas dúas institucións nas que ten unha acta, e avanzou que tratará de dar "estabilidade" ao goberno da Deputación, que dirixe Manuel Baltar (PP).

Precisamente Lama entrou en Cs no seu día procedente do PP. Este xoves, con todo, mostrouse moi crítica coa organización, despois das negociacións que tiveron lugar nos últimos días con ofertas de cargos, tanto por parte do PP como do PSOE, que fixo movementos para promover unha moción de censura contra Baltar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE