(VÍDEO) Espectacular persecución policial en Ordes: cinco coches policiais embestidos e catro gardas civís feridos

Un home de 40 anos que conducía baixo os efectos de substancias psicotrópicas foi detido tras unha persecución na que embistió catro coches da Garda Civil e un da Policía Local de Ordes (A Coruña) e que se saldou con catro axentes da Benemérita feridos leves.

|

Unha persecución de verdadeira película a que se rexistrou o pasado martes nas rúas de Ordes e que concluíu coa detención dun condutor de 40 anos que deu positivo en drogas.


Catro coches da Garda Civil e un da Policia Local sufriron danos, mentres que tres axentes do insituto armado tamén sufriron feridas de caracter leve. 


Control garda civil

Un axente da Garda Civil | Foto: EP


Un home de 40 anos que conducía baixo os efectos de substancias psicotrópicas foi detido tras unha persecución na que embistió catro coches da Garda Civil e un da Policía Local de Ordes (A Coruña) e que se saldou con catro axentes da Benemérita feridos leves.


Así o informou o Instituto Armado, que relatou que sobre as 21,30 horas do martes día 26 de xaneiro un vehículo, tras observar a presenza policial, "emprendeu a fuxida a gran velocidade".



O turismo, da marca Audi e modelo A-6 de cor negra, emprendeu a fuxida pola localidade de Ordes e fixo caso omiso aos sinais de alto. Continuou polos termos municipais de Ordes e Oroso e chegou a embestir a catro vehículos da Garda Civil, un da Policía Local de Ordes e tres coches particulares.


As mesmas fontes puntualizaron que no marco do operativo resultaron lesionados catro compoñentes da Garda Civil de "carácter leve", puntualizou a Benemérita.



Pola súa banda, o condutor de 40 anos de idade foi detido como presunto autor dos delitos de atentado a axentes da autoridade, así como dous delitos contra a seguridade colectiva por conducir de forma temeraria e baixo os efectos de substancias psicotrópicas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE