Falece un neno de 11 anos tras caerse desde un sexto piso nun edificio de Vigo
Aínda se descoñecen as causas que levaron a que o menor se precipitase desde a altura, aínda que todo parece indicar unha morte accidental.
Ao lugar se deslazaron axentes da Policía Nacional e Local ademais de servizos de emerxencias, que nada puideron facer por salvar a vida do menor.
Un neno de 11 anos de idade faleceu este luns en Vigo tras precipitarse ao baleiro desde un sexto piso dun edificio da Avenida de Castrelos, segundo informaron fontes policiais e do 112 Galicia.
Os servizos de emerxencias recibiron varios avisos de particulares sobre as 17,30 horas deste luns, alertando de que un menor precipitouse desde un sexto piso a un patio de luces.
O CIAE 112 Galicia alertou a emerxencias médicas, así como á Policía Nacional e Local. Un equipo do 061 desprazouse ao lugar pero os facultativos non puideron facer nada por salvar a vida do neno.
Así mesmo, foron mobilizados efectivos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar atención especializada á familia do menor.
Por outra banda, fontes policiais informaron de que, ao lugar do suceso, desprazáronse axentes da Policía Científica, de Policía Xudicial e da Unidade de Familia e Menores (Ufam). Investíganse as circunstancias do ocorrido aínda que, á espera do avance das investigacións, as mesmas fontes apuntaron a unha morte accidental.
Escribe o teu comentario