Hostaleiros coruñeses responden o peche forzado doando e recollendo alimentos para os necesitados
Redacción |
Mércores, 18 de Novembro de 2020, 12:47
O Concello da Coruña apoia esta iniciativa e chama á cidadanía para participar. Haberá un sistema de recollida este venres pola mañá en María Pita.
DESTINO Ao BANCO DE ALIMENTOS
Na presentación da iniciativa, o presidente da entidade, Héctor Cañete, explicou que os hostaleiros teñen "moito produto que se pode perder" e que, por tanto, "o mellor que se pode facer era isto". As doazóns destinaranse ao Banco de Alimentos da Coruña.Deste xeito, desde as 10,30 ata as 14,30 horas haberá carpas na praza de María Pita para que a cidadanía achegue "leite, galletas, conservas e legumes" que serán transportadas de maneira altruísta por distintas empresas, tal e como informou Rey. Ás 17,00 horas farase unha cadea humana ata a Cociña Económica, "outro punto simbólico de solidariedade".
AXUDAS MUNICIPAIS
"Nesta loita por sobrevivir estamos todos xuntos. O máis importante é que ninguén quede atrás", apuntou a rexedora coruñesa, que defendeu que a hostalería é "parte da identidade coruñesa".
Escribe o teu comentario