Brote de coronavirus no hospital de Santiago entre unha ducia de traballadores do servizo de cociña

Doce casos positivos de Covid-19 foron detectados en dúas cribados que se realizaron aos 185 traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

|

Os primeiros casos saltaron o venres, segundo fontes do SERGAS. Deron positivo por agora case o 7% dos traballadores da cociña do hospital e a cantidade de infectados podería aumentar nos próximos días.


Doce casos positivos de Covid-19 foron detectados en dúas cribados que se realizaron aos 185 traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).


Clínico, Chus




Así o informaron a Europa Press fontes sanitarias, que puntualizaron que, ademais dos 12 casos positivos, "14 persoas están cuarentenadas".

As mesmas fontes sanitarias destacaron que está programado "un terceiro screening" na próxima semana para "facer un seguimento" desta situación tras ser detectado o primeiro caso o pasado venres 16 de outubro.

O servizo de cociña do CHUS "segue prestándose sen incidencias", subliñan as mesmas fontes sanitarias consultadas, "e con total garantía", sentencian.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE