A desaparición de Birutis contribúe á primeira derrota do Obradoiro en Bilbao (vídeo)

Robertson, suplente pero con 17 puntos, foi o mellor do Obradoiro en ataque, pero ten moito que mellorar aínda no outro lado da cancha.


|

O pivot foi o MVP da ACB en setembro, pero fronte ao Bilbao Basket só logrou anotar cinco puntos. Os de Santiago estiveron brandos en defensa e os vascos moi acertados desde a liña de 3. Robertson, suplente pero con 17 puntos, foi o mellor do Obradoiro en ataque, pero ten moito que mellorar aínda no outro lado da cancha.


O Bilbao  cultivou a primeira vitoria da tempada ante un Monbus Obradoiro que chegaba invicto. A clave foi un segundo cuarto para enmarcar dos vascos. O máis destacado foi a dirección de Hakanson (24 de valoración, con 12 puntos) e unha anotación moi distribuída.





 Os vascos mantiveron ao Monbus Obradoiro a distancia toda a recta final. Extrañamente, os de Moncho Fernández estiveron frouxos na zona todo o partido. Recibiron ao final do encontro 54 puntos na pintura e permitiron demasiados rebotes en ataque. Un último triplo dun acertado Robertson maquillou un contundente marcador (99-81).


Moito deben mellorar os galegos para saír indemnes do próximo partido. Viaxan ata a pista do Real Madrid (domingo 11 – 12:30 horas), líder invicto.


Partido do Obradoiro na cancha do Bilbao







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE