Vídeos: Así xoga Birutis, o xigante lituano que aúpa ao Obradoiro ao segundo posto da ACB

Birutis esnaquizando o aro no seu primeiro partido da ACB, cando foi elixido mellor xogador da xornada   O seu papel é clave no gran despegamento do Obradoiro esta tempada.


|

Laurynas Birutis  é o mellor xogador da liga ACB en setembro. O pivot do Obradoiro promedia case 20 puntos anotados por partido e unha valoración media de +28.


Birutis esnaquizando o aro no seu primeiro partido da ACB, cando foi elixido mellor xogador da xornada

Birutis esnaquizando o aro no seu primeiro partido da ACB, cando foi elixido mellor xogador da xornada  



O seu papel é clave no gran despegamento do Obradoiro esta tempada. Os galegos suman un ilusionante  3-0 neste arranque de tempada. A súa carta de presentación no primeiro encontro foi dificilmente mellorable: 27 puntos, 12 rebotes e un 42 de valoración, polo que gaño o MVP da xornada.  



Tivo tamén un papel importante en última vitoria foi ante o Betis, que segue sen gañar ningún partido.




“É unha gran sensación e é un impulso para seguir traballando máis e aínda máis duro. Pasamos moito tempo sen xogar ao que máis nos gusta e é un pracer poder dar toda a miña enerxía para axudar ao equipo para gañar os partidos. Porque ese é o único obxectivo que teño en mente: seguir axudando ao equipo en todo o que poida en cada partido” declarou o deportista do Monbús Obradoiro e da selección de Lituania.  


O pivote posúe, ademais dunha evidente fortaleza física coas súas 2,13 metros e case 115 quilos, un bo tiro a media distancia e boa coordinación preto do aro, o que lle permite xogar a miúdo por encima da canastra nas continuacións das penetracións dos juadores exteriores. En defensa, o seu poder intimidatorio é notorio, aínda que por agora na ACB só leva tres tapones.


Birutis continúa a tradución de fichaxes de homes altos foráneos descoñecidos antes de chegar ao Obradoiro e que dan un gran salto na súa carreira ás ordes de Moncho Fernández.  


Sen dúbida é un talento precoz. Con só 20 anos gañou o título de mellor xogador da liga Lituana. Por agora, tamén é o MVP na liga española, só uns meses despois de aterrar no país.



Outra boa noticia para os santiagueses é que ten contrato por dous anos. Se as cousas seguen así, o Obradoiro teñen unha xoia no poste asegurada para dúas tempadas ou, como noutras ocasións, poderá facer caixa no verán para seguir o seu gran labor de fichar novos talentos semidesconocidos.




“Temos un gran espírito de equipo e pelexamos todos xuntos nos partidos. Só queremos seguir por este camiño e continuar competindo en cada duelo”, sentenciou tras recibir o premio de MVP do mes.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE