Os centros de saúde están colapsados polo coronavirus, alerta a presidenta da Deputación

Reclama "cogobernanza" e "pensar na xente" e reivindica "menos palabrería, menos propaganda e máis acción"

|

Carmela Silva acusa á Xunta de ocultar a verdadeira dimensión da crise sanitaria  manipulando a CRTVG. A política socialista relata como non foi capaz de falar por teléfono co seu Centro de Saúde. Hai que lembrar que Pontevedra é a área sanitaria con peor evolución no país.


Carmela Silva en rolda de prensa

Carmela Silva en rolda de prensa  


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, referiuse este venres á xestión da pandemia por parte da Xunta e denunciou que o Goberno galego "oculta os datos, oculta o que ocorre". "E non hai dereito a iso, porque impide que podamos tomar decisións", subliñou.

No transcurso dunha rolda de prensa, Carmela Silva sinalou que neste asunto ten "que ser responsable, dicir a verdade e denunciar o que está a ocorrer" xa que, ao seu xuízo, "a Xunta de Galicia non está a contar a verdade; a xente non coñece a verdade".

A mandataria socialistas ha dito que prefería non dicir nada sobre o tratamento informativo da Televisión de Galicia. "Calquera día vou vestir de negro eu tamén", comentou en relación a os 'Venres negros', unha acción de protesta dos traballadores da CRTVG que visten cada venres de negro para denunciar "manipulación" e esixir que se cumpra a Lei de Medios aprobada en 2011 no Parlamento de Galicia. "É escandaloso o que está a ocorrer", valorou.

INCAPAZ DE FALAR CO seu MÉDICO DE FAMILIA
Tamén denunciou que "a asistencia primaria en Galicia está colapsada, que non mintan" e relatou a súa propia experiencia persoal coa imposibilidade de contactar telefonicamente co centro de saúde, as listas de espera e os atrasos na consultas e valorou como "peligrosísimo" que estea "colapsada" a Atención Primaria.

Ademais destacou que os concellos non teñen información oficial sobre a incidencia da Covid nos seus municipios, algo que entende como "unha obrigación" dos políticos.



"PREOCUPADA"
Carmela Silva tamén dixo estar "moi preocupada" porque "o sistema educativo non conta con recursos de todo tipo, tamén sanitarios, que permitan facer fronte" á situación como a que se vive. E incidiu en que a Xunta debeu encargarse de que as máscaras fosen gratuítas para o alumnado pertencente a familias con dificultades económicas.

Neste sentido, a presidenta provincial ha anunciado que este xoves recibiu unha chamada telefónica da subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, que lle comunicou que a Deputación de Pontevedra recibirá 100.000 máscaras que repartirá entre os concellos. "E o presidente da Xunta onde está?", preguntouse.

MISIVA  
Precisamente, nos últimos días, a presidenta da Deputación de Pontevedra remitiu unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que insta de novo "a convocar canto antes" ás catro deputacións galegas, á Fegamp e ás sete grandes cidades da Comunidade para informar da repartición dos "recursos extraordinarios" que envía o Goberno do Estado para "afrontar o novo escenario xerado pola pandemia da covid-19".

A carta aínda non tivo contestación. "En bo ton, sen buscar confrontación, quero ser clara e dicir a verdade: non nos merecemos isto", afirmou Carmela Silva. "A xente votoulles para que gobernen", engadiu.

"É tempo de responsabilidade, de cogobernanza, é tempo de pensar na xente, vivimos unha situación moi preocupante e temos que traballar xuntas e xuntos", concluíu a presidenta da Deputación de Pontevedra. "Menos falar, menos propaganda e máis acción", sentenciou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE