Publicadas as notas da fase de oposición para 1.492 prazas no SERGAS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición deste martes, as puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en distintas categorías do Sergas.

|

Os exames empezaron en febreiro pero non é ata hoxe que a Xunta publica as puntuacións definitivas, á espera da adxudicación de prazas


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición deste martes, as puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en distintas categorías do Sergas.



OPE do Sergas o domingo en Silleda






En concreto, trátase dos grupos profesionais de médico de familia, pediatra e odontólogo de atención primaria, fisioterapeuta, técnico en coidados auxiliar de enfermería, persoal de servizos xerais e enfermeiro especialista das especialidades de enfermería de saúde mental, do traballo, familiar e comunitaria, obstétrico-xinecolóxica e pediátrica, que se realizaron entre os meses de febreiro e marzo deste ano.


CATEGORÍAS

En tota, ofértanse 1.492 prazas para 11 categorías, das que 254 son de médicos de familia. Superaron a fase de oposición 4.953 aspirantes.


Con esta publicación declárase finalizada a fase de oposición para o acceso á condición de persoal estatutario fixo destas categorías e está previsto que proximamente se publiquen as puntuacións provisionais da fase de concurso destes procesos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE