O peor pasou... ou non!

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

“O vicio máis desesperado é o vicio da ignorancia, que cre sabelo todo e autoriza entón a matar” 


A pandemia da COVID-19, continúa. Os infectados e infectadas no mundo, ata o 31/07/2020, son 16.202.457 e  os mortos 623.640. O número de mortos no estado español é de 27.700 persoas. En Galicia o número de mortos é de 620 (case o 50% dos que morreron, fixérono nas Residencias de Maiores: 300);  os mortos nas Residencias de Maiores no Estado: 16.321. Os dados, dramáticos, non son definitivos...e veremos o que sucede no outono. 

            

Á falta de planificación temos que engadir un sistema de vixilancia epidemiolóxica ineficaz, baixa capacidade para realizar as probas PCR, escaseza de material de protección (EPIs), etc. As Unidades de Críticos (UCI) está claro que eran/son insuficientes. E reaccionamos moi tarde ao que se nos viña encima, por parte das autoridades estatais...pero tamén das autonómicas, cunha toma de decisións lenta e moitas veces contraditoria (máscaras si,  máscaras non…). O da coordinación entre autoridades, sobre todo en Galicia, en vésperas dun proceso electoral, serviu máis para facer oposición de Feijóo a Sánchez, que para resolver a problemática. Os “comités de expertos” demostráronse pouco eficientes. A nefasta xestión da Xunta, con 11 anos de recortes por parte de Feijóo en sanidade e servizos sociais, tivo moito que ver coa afectación tan severa e a elevada morbilidad e mortalidade, tanto nas Residencias de Maiores como no persoal dos Servizos Sanitarios.


Nas Residencias de Maiores, explícase , debido á privatización e cesión a multinacionais, a fondos de investimento e a grupos da Igrexa. A situación das residencias privadas, caracterízase pola precariedade da atención, a acumulación dos residentes e a carencia de persoal. A moitas das persoas residentes privóuselles (no inicio da pandemia) do dereito á asistencia sanitaria pública.

            

Con respecto aos Servizos Sanitarios: a día 01/08/20, a afectación de profesionais no Estado español é de 51.582...e en Galicia 1.503. Pero o p3ou4: 64 sanitarios mortos... E non se nos fixo a “proba” ata o 25 de maio!

            

Desde a profesión sanitaria, cáesenos a cara de vergoña ao ver que Feijóo, despois de todos os seus recortes, noa conceden “a Medalla de Ouro de Galicia”; nada menos, despois de humillarnos cun cheque de 250 euros para cervexas e paradores… Temos que lembrarlle a Feijóo, agora Presidente en Funcións de Galicia, que o 97% da poboación pide “maior investimento en sanidade” e menos en ocorrencias do seu equipo e que el acepta.

            

Seguimos mantendo que o marco de actuación nos próximos días é poñer en marcha as conclusións das 16 Comisións Técnicas do Consello Técnico de AP de Galicia, onde está recollido o futuro da Sanidade Pública no noso País.

            

Cando o Sr. Feijóo ten o mando das actuacións, comete erros de vulto por algo que antes criticaba a Sánchez. Vese por onde vai de “bo xestor” cando ten que decidir el! Rebrotes e actuacións  contraditorias en cada caso, cando non: seguir privatizando o Sistema Sanitario Gallego: agora, permite a venda do Hospital Polusa de Lugo a Ribeira Saúde: miúdo xestor!

           

A pandemia, atopounos moi mal preparados polos recortes durante 11 anos do Sr. Feijóo e o PP: en persoal e en infraestruturas. O futuro é incerto... Pasou o peor. Ou non…


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE