Feijóo critica a Moncloa por non agradecer a Inditex que doase material contra o coronavirus, aínda que si o fixo

O Goberno deu as grazas a Inditex hai xa meses por o seu "esforzo" ao non recorrer a un ERTE e pola axuda co material para combater a pandemia. Feijóo di que non escoitou a ninguén de Moncloa darlle as grazas de forma clara e contudente.


|

A portavoz do Goberno, María Jesús Montero,  deu as grazas a Inditex hai xa meses por o seu "esforzo" ao non recorrer a un ERTE e pola axuda co material para combater a pandemia. Feijóo di que non escoitou a ninguén de Moncloa darlle as grazas de forma clara e contudente, a pesar de que Montero dixo que o comportamento da empresa fora exemplar.


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez-Feijóo, criticou este martes ao Goberno por non agradecer "de maneira clara e contundente" a Inditex a doazón de "toneladas" de material sanitario durante a pandemia de coronavirus.



Material sanitario de Inditex

Uno dos primeiros envíos de material sanitario realizado desde China por Inditex



Nunha entrevista na Cadea COPE, recollida por Europa Press, o presidente galego ha asegurado que, de non ser pola empresa que dirixe Amancio Ortega, España "probablemente estaría nunhas condicións" moito máis "lamentables".


FEIJÓO MÓSTRASE AGRADECIDO CON AMANCIO ORTEGA

Por iso, recoñeceu sentirse "sorprendido" por non escoitar a ningún membro do Executivo "agradecer a un señor que puxo os seus cargueiros a disposición para que entrasen toneladas de material cando España non era capaz de traelas".

"Cada un ten as súas formulacións na vida", apuntou Feijóo, que recoñeceu agradecer "" a título persoal a Ortega a ayuda, porque en Galicia non tiveron que "decidir nunca a quen" se poñía "ou non un respirador ou unha cama de UCI".


"Nunha semana triplicamos camas e respiradores. E unha das claves foi Inditex"


"Nunha semana triplicamos camas e respiradores. E unha das claves foi Inditex", asegurou, para despois lamentar que, en España, cando un "doa algo" se converta nunha "persoa sospeitosa". O presidente de Galicia expresouse así en referencia ás críticas de Podemos a Amancio Ortega.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE