​Un debate monocolor

Manuel Fernando González Iglesias

Escribiámolo hai un mes: As eleccións galegas teñen un candidato favorito, quen, sen case moverse, ha dispersado politicamente á oposición conseguindo presentarse na recta mesma de meta como claro gañador. O debate das últimas horas así o confirmou, e a esquerda perdeu fol e carisma para presentarse cun sólido candidato.



Feijoo 57345




Ninguén pode con Feijoo, non queda xa tempo electoral e el sábeo. Por iso o seu comportamento ante a cámaras descolocó aos seus adversarios mantendo un ton moderado e institucional aínda que é o mesmo que prodigou no último ano que lle colocou coa bitola do líder moderado do PP que amorna os talantes máis duros do seu partido e que de paso impón a liña Rajoy en Xénova, onde ao ex Presidente lamináronlle a todos os seus ex colaboradores.


Só falta saber, se a vitoria do fillo predilecto de Vos Peares queda, tras a súa probable vitoria, no Fraga da nova realidade post pandémica ou se, pola catástrofe popular en Euskadi, tamén moi posible, queda onde estaba ou se atreve a pararlle os pés a Aznar, para que o PP atope por fin, o camiño perdido do centro, falando e actuando como VOX, para así aspirar ao Goberno de España. A última vez o Presidente da Xunta encolleuse e o que pasou entón, xa todos sabémolo.


Agora, nesta campaña galega só fáltanos saber quen levará a segunda praza se o PSOE de Caballero o menor ou O Bloque de Ana Pontón que sen ser a mellor candidata deixa sobre a mesa a aureola de ser a única muller candidata con posibilidades nesta carreira con claro gañador. Pero, pregúntome desde a Diáspora, canto tempo máis habemos de esperar para que sexa unha muller a que dirixa os pasos da política galega no futuro máis inmediato? En que están a pensar os partidos galegos?


Con esta pregunta deixámoslles por hoxe, á espera do día das votacións que desexamos sexan masivas e clarificadoras aínda que diante da pantalla, reiteramos que o que vimos foi un debate monocolor. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE