​Pablo Iglesias cárgase os estatutos fundacionais de Podem

Carmen P. Flores

Fai tan só uns días que Pablo Iglesias era ratificado- alguén o dubidaba? - como secretario xeral de Podemos co 92,19% dos votos dos seus “militantes” e a participación máis baixa na historia do partido. Unha terceira Asemblea que se realizou telemáticamente polo confinamento do Covid-19.


O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, durante o Congreso de Vistalegre II en 2017




Podemos que irrompeu na política como un partido nado do movemento social, do 15M, era a gran esperanza de cambiar as formas e o fondo da política. Promesas atractivas como a limitación de mandatos, prohibición de ostentar máis dun cargo, limitación de soldos dos cargos públicos a tres veces o salario mínimo interprofesional, consultar ás bases os acordos antes de asínaos e unha longa lista que parecía a gran revolución democrática, transparente e única. Ao final, a lista de Pablo Iglesias é xemelga á de boas intencións que facemos todos ao principio de cada ano que o noventa por cento non se cumpren. Claro que a política, enténdese que é algo máis serio que facer trampas en solitario.


Como era previsible, o líder morado ha fulminado as dúas grandes promesas fundacionais do partido morado: a limitación de dous mandatos, a de eliminar o tope salarial e a duplicidade de cargos. Por que o fixo Iglesias, por algo tan sinxelo como que o poder gusta moito e o diñeiro máis aínda?. Xa se saltaron os estatutos, o matrimonio Iglesias &Montero, cando entraron a formar parte do goberno e non renunciaron aos seus escanos, só miraron para outro lado e non pasou absolutamente nada. Xa se sabe as consecuencias para os que tenten abrir a boca e expresen algunha crítica ás actuacións da parella agraciada coa lotería. A estratexia "do coletas" non é outra que a de perpetuarse en Podemos, como no seu día fixese o bolivariano Chaves, que só a morte apartoulle do poder, pero xa tiña elixido o seu sucesor.


A Pablo Iglesias colgáronlle moitos títulos, pero o que máis lle vén ao dedo é o de rei da guillotina porque por ela pasaron todos aqueles compañeiros fundacionais de Podemos que ousaron ter criterio propio e discrepar de Iglesias. A democracia en Podemos é a mesma que emprega Maduro. O líder podemita está a dirixir o partido con só o 10% dos votos dos rexistrados, chámase a iso liderar democraticamente un partido?.  Dirixir con  10% de apoio das bases  é unha fraude á democracia e  debería levar a unha profunda reflexión do que está a suceder no partido da parella Iglesias& Montero que entraron na política para salvar a todos e darlles unha vida mellor, e a data de hoxe, aos únicos que salvaron son a eles mesmos que viron como pasaron de vivir nun piso pequeno, a facelo nun casoplón que para si quixesen moitos dos seus votantes.


 Ata o de agora, só en Latinoamérica as parellas estaban unidas tamén nos gobernos: o presidente de Nicaragua Daniel Ortega e o seu toda poderosa muller, Rosario Murillo, vicepresidenta tamén no seu goberno. Ortega veu tamén das bases do pobo, líder dos sandinistas que se transformou ao pouco tempo de entrar no goberno e agora está a ser cuestionado por aqueles que lle votaron. O matrimonio Cristinay  Néstor Kirchner, que cando morreu Néstor, Cristina sucedeulle na presidencia. Está comprobado que os que din defender ao pobo, o que fan é valéndose del, perpetúanse no poder e gozan das prebendas que iso comporta.


Ser líder dun partido con só o 10% dos seus votantes é ético, a ninguén se lle cae a cara de vergoña?, é que a vergoña non a tiveron nunca. A democracia é outra cousa ben distinta á dedocracia impositiva de Iglesias & Montero. Con estes grandes defensores da  demócracia, ao único que pode ir este país é ao máis estrepitoso fracaso. Decatouse o presidente Sánchez?.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE