Cafeterías da Coruña pechan por "a irresponsable actitude dunha minoría"


Se non respectamos o distanciamento social, haberá repunte de COVID-19 e decenas, centos ou miles de persoas morrerán. A pesar desta advertencia dos epidemiólogos, hai quen non está a respectar as normas. Tamén hai empresarios, como os donos de tres coñecidas cafeterías coruñesas, que non están dispostos a amparar aos inconscientes.


|

Se non respectamos o distanciamento social, haberá repunte de COVID-19 e decenas, centos ou miles de persoas morrerán. A pesar desta advertencia dos epidemiólogos, hai quen non está a respectar as normas. Tamén hai empresarios, como os donos de tres coñecidas cafeterías coruñesas, que non están dispostos a amparar aos inconscientes.


A dirección de Cafeterías Herculinas S.L., Central Park Coruña e Roots Urban Food praza de Vigo - A Coruña informa que "decidimos pechar os nosos establecementos ata próximo aviso". O motivo?  A "irresponsable actitude dunha minoría" que esixe unha "medida extraordinaria de concienciación".





Este luns reabriron ao relaxarse a corentena do coronavirus e este martes anuncian que pechan outra vez, visiblemente molestos pola actitude dalgúns cidadáns.


"Queremos lembrar a todo o mundo que no momento en que estamos a terminar de redactar esta nota de prensa hai 26920 falecidos en España", sinalan os hostaleiros. A empresa insiste en que adoptou "protocolos internos de seguridade" e que segue "as normativas establecidas pola Consellería de Urbanismo da Coruña respecto a número de mesas e separación e coa colaboración e autorización in situ da Policía Local da Coruña".  


PREOCUPACIÓN DA ALCALDÍA

O propio Concello da Coruña parece preocupado polo vivido nalgunhas terrazas. O municipio alerta que "a situación observada onte nalgunhas terrazas non responde o espírito da instrución pública que presentou a pasada semana para garantir o distanciamento".


Terraza o luns en Orzu00e1n nunha foto publicada pola Asociaciu00f3n de Veciños de Orzu00e1n

Terraza o luns en Orzán nunha foto publicada pola Asociación de Veciños Enseada do Orzán 


O Concello insiste en que só se poden poñer nas terrazas o 50% das mesas autorizadas antes, salvo nalgúns determinados espazos. Ademais, debe haber sempre dous metros de espazo entre as mesas.


Fuentes municipais indican a Galiciapress que a Policía Local realizou advertencias a unha decena locais o luns. Iso si, indican que foron moitos máis os hostaleiros que están a cumprir a machada coas normas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE