Pesar polo falecemento do xefe do parque de bombeiros de Arzúa cando volvía de tarefas de desinfección
A Deputación da Coruña mostrou "o seu profundo pesar" polo falecemento do xefe do parque de Bombeiros de Arzúa, Bruno García, pertencente ao Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da provincia.

Segundo informa, faleceu este mércores "mentres volvía de realizar tarefas de desinfección como medida de prevención contra a COVID-19 nas proximidades do cárcere de Teixeiro, no Concello de Curtis".
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, mostrou, en nome de toda a corporación provincial, as súas condolencias, ademais de enviar unha mensaxe de "ánimo e forza" á súa familia, amigos e compañeiros do Consorcio Provincial Contraincendios.
Do falecido, destaca que era "un home moi querido entre os bombeiros", á vez que agradeceu "o compromiso e esforzo ao longo da súa carreira".
Escribe o teu comentario