...e seguimos mentindo, verdade Sr. Feijóo?

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

O Sr. Almuiña o día 22 de abril do 2010 e diante do Parlamento de Galicia (Deputación Permanente) asegurou que a Xunta “fai autocrítica”... pero temos que dicir que o fixo ao recoñecer “como un erro” as decisións do SERGAS, despois rectificadas, de despedir a persoal contratado pola sobrecarga do coronavirus: “A non renovación dese persoal foi un erro, unha descoordinación, e pedimos desculpas”. O problema do Sr. Almuiña é que imita ao seu xefe, o Sr. Feijóo. Sempre que os pillamos nunha mentira, din: “foi un erro”.


Temos que celebrar que o Sr. Feijóo realice un estudo epidemiolóxico, para coñecer a  seroprevalencia do virus  SARS-CoV-2 na poboación de Galicia. 100.000 test en dúas quendas de 50.000 e en 4 semanas, para chegar a unha conclusión, que calquera experto en estatística diríalle que non fan falta tantos test para esa conclusión: con 5.000-10.000 sería suficiente. Este estudo, que consideramos importante, pero que xa o estado español dixo que o ía a facer, de 60.000 persoas, cremos que é menos importante que NON FACERLLE O TEST AS Os seus TRABALLADORES SANITARIOS E NON  SANITARIOS, algo que a día de hoxe (25 de abril do 2020) SEGUE SEN FACERSE! Consideramos que é «un novo desprezo» cara á Atención Primaria. Temos que poñer en valor que a maioría do peso do estudo será para o persoal de enfermería. Teñen  présa por facelo (...non entendemos que non se invista o suficiente en I+D+i para chegar a unha vacina ou tratamento da COVID-19). Preguntámonos, que ten que dicir o Comité de Ética de Galicia sobre a non utilización dun Consentimento Informado validado? E do uso de diñeiro público para buscar unha información que se podería facer a menor custo (menos test).

           

Outra  característica do Sr. Feijóo é a de desfacerse dos críticos coa súa xestión: ou ben manipulando os medios de comunicación de forma descarada (o da CRTVG xa é mellor tela apagada para non  decatarche do que NON SUCEDE en Galicia), ignorando a oposición nas súas iniciativas ou simplemente desprezando as súas opinións. Pero a maiores non ten reparo en desfacerse de Eva Maquieira, xefa de Servizo de Cirurxía Plástica e Reparadora do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (que está en illamento por posible contaxio de coronavirus), quen se queixou nas redes sociais de “a falta de  liderado e previsión" de os  directivos da sanidade galega. Ou o cesamento fulminante, despois de catro semanas de traballo exhausto con residentes seropositivos de coronavirus, do Director da Residencia Integrada de Baños de Molgas (Ourense), Miguel Ángel Vázquez, Presidente da SGXeX que non seguirá  á fronte por dicir nunha entrevista en a  Cadea SER que as cousas nas Residencias fixéronse “ tarde e mal”.

            

O Sr. Feijóo é moi proclive a criticar ao Sr. Sánchez, pero toda a oposición en Galicia coincidiu en reclamarlle ao Presidente do Parlamento, o tamén popular Miguel Santalices, que “o PP deixe de bloquear coa súa maioría as comparecencias que reclaman o resto de partidos, en particular as do propio presidente Feijóo, que só compareceu no Parlamento Gallego: UNHA VEZ, o 26 de marzo”; xa  perdemos a conta das súas comparecencias na “TeleGaitaFeijóo” a lq hora para comer e  sen límite de tempo. iY coas preguntas arranxadas!

            

Outra pregunta importante para o Sr. Feijóo é, por que non dá coñecer a Prevalencia de Infectados por Coronavirus POR CONCELLOS EN GALICIA? Dato que sabemos que ten e que sería moi importante coñecer, para cando se poña en marcha a desescalada.

            

Tamén queremos saber que pasou coas conclusións do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, onde 250 persoas traballamos arreo para ter un Novo Modelo de Atención Primaria e que o Sr. Feijóo aparcou nun caixón e facendo el de “especialista” en todas as materias. Consideramos un despropósito que non se apliquen as medidas ditadas nas 16 Comisións Técnicas e que sigamos tendo como prioritario o “culto ao líder” para resolver a pandemia.

           

A Sanidade Pública Galega non pode ter por máis tempo a estes irresponsables como  administradores do ben máis prezado que temos, que é a saúde. O cambio de goberno é prioritario,  xa!


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE