Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.
Pódese mentir, pódese mentir moito...pero tanto e tanta veces, é moi difícil. Feijoo o consigue. Na “rolda de prensa” do día 12/04/2020, con todolos medios de comunicación para él e en horario de máxima audiencia (a hora de comer), o Presidente da Xunta dí cousas como:
Fala do Comité Clínico...cando ten que tomar decisións difíciles e bótalles a culpa. Cando son réditos políticos positivos para él: son decicións dél e do PP.
Dí que Galicia esta mellor que outras CCAA: “porque fixo máis test”...e a vez, dí: que os test que manda Sanchez non valen....fala da PCR...cando lle interesa... e o pon en boca dxs epidemiólogxs.
Dí que a día de hoxe: “non precisamos respiradores”, cando primeiro se pediron, logo se mandaron a Madrid...e agora sóbrannos. Vaia xestor!
Sánchez crea o Estado de Alarma... pero un día antes, o sr. Feijoo crea un Estado de Emerxencia Sanitaria....
Fai ata comentarios sobre os Pactos da Moncloa (que por certo, o sr. Fraga ABSTÍVOSE) e só dicirlle que xs traballadorxs, neses pactos, saíron moi mal paradxs.
Fai a contraprogramación da rolda de prensa de Sánchez, que a fai a mesma hora.
Vemos un Feijoo crispado e facendo a oposición máis feroz a Sánchez. Fala do que sucedeu na xuntanza con todolos presidentes das CCAA (excepto Ayuso que estaba facendo o ridículo cunhas fotos en Barajas) da cal non temos referencia máis que o que él nos diga. Preguntámonos, cando Feijoo fai rendición de contas ca oposición en Galicia?
Escoitando a Feijoo, vemos que o seu enemigo principal é Sánchez, moito máis que o coronavirus e a desfeita que ten nas Residencias en Galicia.
Vemos que Sánchez sométese xa a preguntas directas dxs periodistas….. e Feijoo sigue filtrándoas...cando o PP e os seus medios afíns, queixáronse desto mesmo.
Cando dí que a súa prioridade “son as Residencias” só lle dicimos que a responsabilidade está transferida a Xunta de Galicia dende o minuto un; que foi él e os seus gobernos do PP, os que nomearon xs responsbles delas; que previamente permitiu que fosen vendidas a empresas privadas (en boa parte a multinacionais francesas e británicas, a parte de a súa irmá) que son as que xestionan as Residencias e que é a administración a que debería controlalas. Como no Prestige, pasamos dunha incidencia de mortes previsibles pola pandemia a unha catástrofe sanitaria que afecta esencialmente a persoas maiores e que acumula o 40% da mortalidade polo coronavirus en Galicia.
Agora fala de que o “Mando Único” (de Sánchez claro) debe dar información contrastada: e nos preguntamos, onde están en Galicia xs epidemiólogxs, xs expertxs en Saúde Pública, en Mediciña Preventiva...e a pregunta do millón: onde está o conselleiro de sanidade (que por certo: é Médico). En Galicia fala Feijoo e só Feijoo, nunha campaña electoral permanente que xa da noxo ata xs seus seguidorxs.
D0o que vai facer un estudo epidemiolóxico en Galica...dous días despois de que o dixera Sánchez...Ten un orzamento de 10.000 millóns de euros anuais, e ben podería adicar algo deses cartos o desenrolo da investigación de posibles tratamentos e a tan desexada vacina. Temos xs expertxs, so falta que teñan financiación (e non só de boquilla e a través da privada….).
No tema do uso das máscaras...mellor nin comentalo!
No tema de volver o traballo o día 13 de abril igual! Só dicir, que si aumenta o número de mortes e afectadxs, por relaxar o confinamento: a situación terá responsables e éstxs deberán pagar as consecuencias de tomar medidas dende o punto de vista económico e non científico.
Volve a falar de que lle den os 100 millóns, e que si non…...teremos as traxedias bíblicas: Feijoo, como dixen, dispón de 10.000 millóns de orzamento, 100 millón son importantes pero os 9.900 millóns de euros anuais: dan para facer moitas cousas!
Si seguimos nesta situación, as “roldas de prensa” de Feijoo, pasarán a antoloxía do disparate e das mentiras xeneralizadas, que non por repetilas moitas veces, serán verdade nunca!
O futuro que nos espera e o dos nosox fillxs, está no que fagamos nesta pandemia e a solución ten que ser entre todxs!
Escribe o teu comentario