O resentido

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Hai algún tempo saíu nun xornal un artigo dun amigo que escribía sobre a amizade. Nel contaba que acababa de perder a un amigo seu por un chismorreo. A amizade perdeuse entre eles por envexa, e por iso dedicouse a difamarlo sen límites. Hai multitude de causas polas que uns e outros senten envexa, e case sempre é por unha falta de entendemento, ao non poder conformarse co que cada un ten. A día de hoxe moitos que non teñen nada que facer envexan aos que invisten o seu tempo positivamente, pero os resentidos non poden deixar de actuar. Mentres uns crean “bulos” por internet, outros se recrean en chismes e murmuracións absurdos. E todo iso é propio dalgúns seres humanos.


Mentres escribo este artigo e escoito a Stravinski, recordo o que lle aconteceu na estrea do seu ballet “Paxaro de  Lume”. As protestas do público foron tan bárbaras ao escoitar a música de Stravinski, que tivo que intervir a policía. As cadeiras voaban polo escenario. Aquilo foi un tremendo fracaso. Pero non por iso a música era ruin. Xeracións posteriores xulgaron tan positivamente ao mesmo compositor, que a día de hoxe podemos admiralo, gozando das súas obras. Se alguén lles contase a anécdota agora, e non o escoitase nunca, perdería unha experiencia única.


O mesmo acontece co chismoso resentido. Se lle facemos caso, moitas veces perderemos de coñecer a persoas fabulosas que parecen distantes, pero que conservan tesouros dos que non deixamos de aprender. E para iso é fundamental ocupar o tempo da mellor forma posible. Quizais agora dámoslle algo máis de valor ás artes e á cultura que antes de estar confinados nas nosas moradas. É posible que o afán por encher de diñeiro e de cousas superfluas vaia en diminuíndo, agora que todos somos cada vez máis parecidos ao non poder saír á rúa como faciamos antes. Con todo, a reflexión na mente dos necios “é como o can que volve ao seu vómito ou a porca levada á súa cuadra a embadurnarse ben ben”, segundo din os proverbios, e moito teñen que cambiar os resentidos para chegar a cambiar o seu arquetipo vital. Só unha transformación integral podería salvalos do futuro fracaso existencial.


Pero iso será tema para outro debate, ou como dicimos os galegos, “fariña doutro costal”. Por iso, creo que ao final resultará de interese esperar e ver os que senten identificados co resentido. Aos demais só quedaralles seguir avanzando e, sen rubor, esquecer o devandito.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE