A gráfica do coronavirus en Galicia dá outro preocupante salto pero os novos casos en España desaceleran

Galicia rompe así varias xornadas no que o número de novos casos parecía estabilizado ata certo punto: Outro dato interesante é a porcentaxe de variación de casos positivos dun día a outro.


|

O Ministerio de Sanidade acaba de confirmar 2.322 casos de coronavirus en Galicia. Malas noticias para o país,  son 407 máis que onte, a maior aceleración da pandemia no país ata o de agora.





Galicia rompe así varias xornadas no que o número de novos casos parecía estabilizado ata certo punto:




Outro dato importante é a porcentaxe de variación de casos positivos dun día a outro. Nótase un repunte, co 21% máis de incremento diario, mentres nas tres pasadas xornadas non pasara do 17%. En todo caso, son porcentaxes inferiores aos da semana pasada:




DATOS POR ÁREAS SANITARIAS GALEGAS

Do total de 2.211 casos positivos de coronavirus en Galicia que conta a Xunta, 552 deles corresponden á área da Coruña; 140 á de Lugo; 302 á de Ourense; 260 á de Pontevedra; 509 á de Vigo; 388 á de Santiago e 60 á de Ferrol.  A Xunta -ao contrario que o Ministerio- desagrega casos curados, activos e falecidos.


A nivel de España, os positivos son xa 64.000. Madrid, con 20.000 segue sendo a autonomía máis afectada:


A pesar da magnitude da pandemia, o incremento diario en España é menor que o de onte e o de antonte. Non pasada algo así desde fai dez días:




A nivel internacional, Estados Unidos é xa o país con máis casos confirmados.



Made with Flourish




AiZYK evoluci n de positivos de coronavirus en galicia nbsp nbsp (1)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE