O coronavirus expándese "como a pólvora" nos hospitais da Coruña e Vigo, alertan sindicatos de médicos

Este sindicato denuncia que a situación nos hospitais de Vigo e A Coruña "é moi grave" polo "elevado índice de contagios do persoal"

|

Un dos principais sindicatos de doutores esixe á Xunta que mande xa máscaras e material de protección. En caso contrario, denunciará ao SERGAS ante a Xustiza. As carencias son máis urxentes na Coruña e Vigo, que son as áreas sanitarias máis afectadas, segundo mostra a gráfica de Galiciapress.


A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) esixe ao Sergas que, "con carácter urxente e inmediato", dote "a todos os centros sanitarios do material imprescindible para unha adecuada protección dos profesionais" co fin de evitar o contaxio e a propagación do Covid-19.



Máscaras enviadas polo Ministerio de Sanidade.

As máscaras que necesitan os médicos non son as cirúrxicas estándar, son as que cumpren a normativa FFP2 e FFP3


ACUSACIÓN CONTRA O SERGAS

Así, a través dun comunicado de prensa, responsabiliza ao Servizo Galego de Saúde "dos riscos que están a correr os profesionais sanitarios que se enfrontan a diario ao coronavirus sen os mínimos equipos de protección".

Este sindicato médico lembra que o pasado 18 de marzo remitiu un escrito ás direccións xerais de Recursos Humanos, Asistencia Sanitaria e Recursos Económicos para que "se adoptasen as medidas precisas en canto a dotación orzamentaria, reforzo de persoal e medios materiais cos que facer fronte ao virus e tratar de conter a pandemia", matizou.

"Unha semana despois os facultativos seguen traballando sen unhas mínimas garantías, sen os EPIs, sen as máscaras FFP2 e FFP3 homologadas e sen as lentes necesarias, e o único que vemos é como se incrementa o número de contagios e de falecidos, sobre todo nos complexos hospitalarios de Vigo e A Coruña, onde o contaxio esténdese como a pólvora e os equipos de protección non chegan, provocando unha situación de extrema gravidade", subliña CESM.

ACCIÓNS LEGAIS
Ante esta situación os representantes sindicais non descartan "emprender accións legais contra a Xunta", advertiu CESM, xa que "se está constatando a diario o incumprimento da Lei de Riscos Laborais, ao ter que traballar os profesionais sanitarios sen as mínimas medidas de protección".

CESM Galicia manifesta que, aínda que entende que existe un mando único á fronte da crise do Covid-19 en Madrid constituído polo Goberno de España, "o Sergas é quen ten que velar pola integridade dos seus profesionais", sentenciou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE