Sánchez comunica ás Comunidades Autónomas que a corentena durará, polo menos, 15 días máis do previsto
Desde o Goberno de España comunicaron a decisión aos líderes dos Gobernos autonómicos esta mañá durante unha reunión telemática para informar da situación actual e sobre a evolución da enfermidade neste tempo de corentena.

Reunión de Sánchez cos Gobernos autonómicos
A medida, aínda que xa parece definitiva, necesita da aprobación do Congreso dos Deputados, que xa na comparecencia anterior de Sánchez brindoulle o seu respaldo. A maioría das forzas políticas apoiaron as medidas do Goberno central nestes momentos de crises e mesmo algunhas pediron endurecer as restricións.
Na reunión Sánchez estivo acompañado dos catro ministros que forman a autoridade delegada nesta crise: o titular de Sanidade, Salvador Illa; a de Defensa, Margarita Robles; o de Interior, Fernando Grande-Marlaska; e o de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, José Luis Ábalos.
Desta forma, os 15 días de corentena anunciados nun primeiro momento -xa transcorreu a metade dese tempo- ven prorrogados, polo menos, outras dúas semanas máis. Isto significa que España permanecerá confinada ata despois da Semana Santa.
Escribe o teu comentario