Di un proverbio suízo que “As palabras son ananos, os exemplos son xigantes”. Isto vén a conta coa incrible historia que estamos a vivir a cidadanía cando, o vicepresidente Pablo Iglesias, no seu afán de protagonismo político, aparece en rolda de prensa, explicando as políticas sociais que vai aplicar a súa área. Tratábase de marcar territorio e de paso emendarlle a plana ao mismísimo presidente do goberno, Pedro Sánchez, coma se el fóra máis aló do goberno do que forma parte. Non quedou aí, senón que afirmou que esas medidas ía levar a cabo coa “colaboración” doutros ministerios. Podía utilizar a palabra “conxuntamente”, pero claro, é sempre ten que ser máis ousado e máis conseguidor que o propio Pedro Sánchez.
O grave da comparecencia do vicepresidente Iglesias é que, unha vez máis, volveuse a saltar o confinamento que debería estar a cumprir para ser coherente entre o que di e o que fai. Claro que Iglesias é como a plastilina, moldéase á a súa antollo. Pide á cidadanía que quede en casa, que colabore para non expandir o coronavirus, e el sáltalla. É a actitude do que se cre intocable e imprescindible. É serio, coherente e responsable?, a resposta é rotunda, non. Os primeiros que deben dar exemplo son os cargos públicos, senón é así, que lles pode pedir á cidadanía?. É un xogo moi perigoso, marrullero e toma ás persoas por parvas. Os exemplos son o antídoto das palabras, que non o esquezan.
As persoas están o suficientemente asustadas, con ou sen razón ante a posibilidade de contraer o ditoso virus, pide probas que lles liberen desa angustia que moitas teñen. Todo son dificultades, non todos teñen acceso a elas, pero doutra banda a xente ve con incredulidade como hai políticos, caso da presidenta da comunidade de Madrid aos que lles fixeron dúas veces as probas, dito por ela mesma. Hai moitos outros exemplos de políticos en activo ou retirados “agraciados”tamabién con esa práctica. O mesmo que os ingresos en hospitais por coronavirus, mentres a campaña “quédache na casa”, faise a diario para non colapsar os centros sanitarios. Sempre o termo medio é sinónimo de xustiza. Neste caso de pandemia, debería ser así. Todos os cidadáns/as teñen os mesmos dereitos, segundo a Constitución Española, outra cousa é a aplicación deses dereitos. Exemplos si, palabras enganosas non, que dirían moitos dos afectados.
Outro dos dilemas que se están visualizando é o que xa se está aplicando, é o “cribaje” de enfermos, á hora de priorizar os ingresos: favorécese aos máis novos en detrimento de os maiores ante a falta de recursos de todo tipo. É un tema preocupante ao que non hai que deixar de lado. Non se quen dixo que a un país mídeselle por como trata aos seus maiores e aos seus nenos.
Unha recomendación, que Pablo Iglesias quede na súa casa, en corentena, como o resto de cidadáns, que os políticos dean exemplo, e que as palabras aínda que só quedan nos arquivos dos medios de comunicación ,o que non se esquece son os malos exemplos.
Escribe o teu comentario