Xa era hora

Manuel Fernando González Iglesias

A intervención de Pedro Sánchez para explicarnos a natureza do estado de alarma foi clara e contundente. Só hai que poñerlle un pero: debeu facela hai xa varios días. 


O presidente do Goberno, Pedro Sánchez.



Agora toca que sexa eficaz, e que a perda dun tempo tan valioso non atrase máis do debido a eficacia das medidas adoptadas. Pero, agora mesmo, non é o tempus” de lamentarse senón de unirse todas e todos na loita pola vida, que é o que nos estamos xogando, especialmente as persoas maiores e os máis débiles fisicamente falando.


Debemos ser responsables coidando de non escenificar excesos públicos, como pasear innecesariamente coma se non pasase nada ou atropelar a outras persoas ao saquear os supermercados empuxando aos demais. O que teña ganas de esmorga que se vaia ao cemiterio e non a pague coa xente que só quere sobrevivir a esta gran traxedia.


Esta pandemia non é un chiste e os que sobran en todo este drama son os imbéciles e os irresponsables. Ou sexa: esa clase de compatriotas que xogan coa vida da xente normal, coas nosas familias e, en resumo, coa vida do próximo.


O venres tocoume ir, como cada día, ao Oncolóxico, e aí vi medo no persoal sanitario porque se lles coaron no seu día a día tres infectados de coronavirus que non eran os enfermos aos que estaban a curar; algún acompañante indebido causara a catástrofe innecesariamente. Nese momento sentín máis angustia polos médicos e enfermeiras que por min mesmo, e como eu, os outros enfermos que esperabamos na sala de visitas para entrar ás máquinas.


NON hai dereito. Esta pandemia non é un chiste e os que sobran en todo este drama son os imbéciles e os irresponsables. Ou sexa: esa clase de compatriotas que xogan coa vida da xente normal, coas nosas familias e, en resumo, coa vida do próximo. Acabáronse as bromas. Ata aquí chegamos.


Ao Presidente do Goberno só dígolle unha cousa: Xa era hora.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE