As persoas con discapacidade visual teñen ata este luns tempo de solicitar o voto accesible

O prazo para solicitar o voto accesible para persoas con discapacidade visual finaliza este luns. Os interesados deben comunicalo ao teléfono do elector (900 825 520), en horario de 9,00 a 20,00 horas.

|

Este sistema ad hoc é voluntario e está pensado galegos con  un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento ou sexan afiliados á ONCE.


O prazo para solicitar o voto accesible para persoas con discapacidade visual finaliza este luns. Os interesados deben comunicalo ao teléfono do elector (900 825 520), en horario de 9,00 a 20,00 horas.


Sistema de lecto-escritura 'Braille'.

Este procedemento está dirixido a aquelas persoas con discapacidade visual que coñezan o sistema de lecto-escritura 'Braille' e que teñan recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento ou sexan afiliados á Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE).

Os solicitantes desta vía poderán utilizar papeletas normalizadas xunto cunha documentación específica en 'Braille' que a custodiará do presidente da mesa electoral na que lle corresponda votar.

A Xunta lembra que se trata dun procedemento voluntario, posto que aquelas persoas que o desexen poderán ser asistidas por unha persoa da súa confianza, tal e como prevé a Lei orgánica do Réxime Electoral Xeneral.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE