Non hai un caso confirmado de coronavirus na Coruña pero si un paciente con dobre pneumonía sospeitoso e 11 traballadores illados


Fuentes oficiais do SERGAS indican a Galiciapress que a esta hora non hai ningún caso confirmado de coronavirus no hospital CHUAC da Coruña. Segundo a prensa local, o que hai é paciente illado ao resultar as análises iniciais de coronavirus non concluíntes. Fuentes dos traballadores aseguran a Galiciapress que o paciente está illado con dobre pneumonía.


|

Fontes oficiais do SERGAS indican a Galiciapress que a esta hora non hai ningún caso confirmado de coronavirus no hospital CHUAC da Coruña. Segundo a prensa local, o que hai é paciente illado ao resultar as análises iniciais de coronavirus non concluíntes. Fontes  dos traballadores aseguran a Galiciapress que o paciente está illado con dobre pneumonía.



Emilia Lamas, secretaria xeral de CCOO Sanidade de Galicia, explicou que tanto o médico que o atendeu no CHUAC e como unha decena de traballadores que estiveron en contacto con el, de diversas categorías profesionais, atópanse illados preventivamente nos seus domicilios.



En concreto, La Voz indica que unha nova análise encargouse a o Instituto Carlos III para confirmar ou descartar a enfermidade. Segundo o grupo de traballadores INFO Sergas, unha canle de comunicación non oficial en Facebook, trataríase dun home de mediana idade.




As dúas fontes citadas apuntan a que sería unha persoa ingresada procedente de Madrid, unha das autonomías con máis casos confirmados por agora. LaVoz apunta a que chegou á Coruña nunha viaxe mediante coche compartido.


Segundo informaron a Galiciapress fontes médicas do CHUAC, o paciente está illado na planta 11 de infecciosos, ao parecer cunha dobre pneumonía. Tamén confirman que xa se lle realizaron análise de coronavirus, sobre cuxos resultados non se pronuncian á espera do que, no seu caso, indique o SERGAS.


Urxencias chuac bng

Urxencias do CHUAC


En todo caso, as fontes oficiais gardan silencio. Desde a EOXI da Coruña indican que toda a información sobre o coronavirus comunicarase desde os servizos centrais da Consellería de Sanidade en Santiago. Consultada esta fonte, limítanse a dicir que "cando haxa algún caso confirmado comunicarase á prensa". 


Por tanto, hai que ser prudentes, especialmente porque hai precedentes de pacientes illados en hospitais galegos sospeitosos de coronavirus. En ningún caso por agora as análises concluíron que eran positivos de COVID-19.


Galicia segue así sendo unha das dúas autonomías española sen casos confirmados ata esta mañá, xunto a Murcia.


Fotonoticia 20200304043227 2003952159 9999











relacionada "Dous parágrafos de texto": CCOO denuncia a escasa formación do SERGAS sobre coronavirus aos seus profesionais
relacionada Os positivos por coronavirus en España superan os 200 casos, tres deles nenos
relacionada PharmaMar di que podería ter un tratamento para o coronavirus "en menos dun mes"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE