"Dous parágrafos de texto": CCOO denuncia a escasa formación do SERGAS sobre coronavirus aos seus profesionais
A Federación de Sanidade de CC.OO. de Galicia denunciou este mércores o "atraso e insuficiencia" na información e formación do Sergas aos seus traballadores en relación ao coronavirus.
A Federación de Sanidade de CC.OO. de Galicia denunciou este mércores o "atraso e insuficiencia" na información e formación do SERGAS a os seus traballadores en relación ao coronavirus.
Por iso, CC.OO. considera "especialmente vergoñoso" que se produza isto á vez que, engade, "séguese incumprindo a lexislación sobre riscos laborais" xa que, apostila, "tampouco se lles dá a información necesaria para a atención dos posibles casos que presenten unha sintomatoloxía susceptible de sospeita da enfermidade nas categorías profesionais do ámbito sanitario".
Para CC.OO. está situación "repítese no tempo" como "xa ocorreu no seu momento coa gripe A", lembrou. Para este sindicato, "non se entende que o Sergas siga a mesma política de ningunear a prevención de riscos laborais para todas as categorías profesionais".
Por iso, este sindicato esixe que o Servizo Galego de Saúde "termine con esta política vergoñosa" e "respecte os dereitos de formación e información a que teñen dereito os profesionais que son os que teñen que atender as necesidades de saúde da poboación", conclúe.
Escribe o teu comentario