Pacientes quéixanse á Valedora porque o SERGAS acumula enfermos nos corredores de urxencias

A Asociación lémbralle á valedora que un ancián morreu o 30 de xaneiro en urxencias tras pasar máis dunha hora nunha padiola nun corredor, suceso que está a investigar tamén a Fiscalía. O SERGAS sempre defendeu que as imaxes de corredores con longas colas de enfermos esperando en padiolas e cadeiras de roda non poden servir para cualificar o funcionamento xeral do servizo de urxencias do CHUS. Razoa tamén que todos os que acoden son clasificados segundo a súa gravidade aos poucos minutos de chegar ao CHUS, no triaje.  A Xunta, que contratou máis persoal para a época de gripe, defende o bo funcionamento das urxencias, das que publica datos día a día. 


|

A Asociación de Pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) remitiu unha protesta formal contra o SERGAS na o Valedor do Pobo. O organismo que vela polo bo funcionamento da Administración terá que investigar porque se repiten as imaxes de enfermos en padiola e cadeira de rodas  esperando nos corredores de urxencias a ver un médico, tras ser clasificados polos enfermeiros.


Pacientes nos corredores de urxencias do CHUS o 2 de enro nunha foto remitida pola Asociación de Usuarios

Pacientes e familiares nos corredores de urxencias


En opinión deste colectivo, a Xunta vulnera a dignidade dos pacientes que esperan, ás veces durante horas, nos corredores, sen intimidade algunha xusto cando están mais vulnerables. A Asociación lémbralle á valedora que un ancián morreu o 30 de xaneiro en urxencias tras pasar máis dunha hora nunha padiola nun corredor, suceso que está a investigar tamén a Fiscalía.

 

O SERGAS sempre defendeu que as imaxes de corredores con longas colas de enfermos esperando en padiolas e cadeiras de roda non poden servir para cualificar o funcionamento xeral do servizo de urxencias do CHUS. Razoa tamén que todos os que acoden son clasificados segundo a súa gravidade aos poucos minutos de chegar ao CHUS, no triaje.  A Xunta, que contratou máis persoal para a época de gripe, defende o bo funcionamento das urxencias, das que publica datos día a día. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE