Vox denuncia contas falsas polas eleccións galegas e critica a Feijóo

Na pasada campaña das eleccións xerais, unha conta que se identificaba como Vox Cee Costa da Morte publicou unha mensaxe que chamaba "aldeán" ao candidato do BNG. Néstor Rego contestoulles no seu Twitter e a polémica chegou aos medios. Posteriormente, Vox informou que esa conta non era súa e que a denunciaba.Por outra banda, a formación de Santiago Abascal publicou outro comunicado, no que ataca ao PP galego.


|

Fontes oficiais de Vox na Coruña están a alertar da aparición de contas en redes sociais que pretenden suplantar a identidade deste partido. A forza política relaciona estas manobras coa recente convocatoria das eleccións autonómicas.


"Coa convocatoria das eleccións galegas para o próximo 5 de abril volven as CONTAS FALSAS contra VOX" publicou o partido nas redes sociais.




O certo que non é a primeira vez que redes sociais con aparencia de ser de Vox en Galicia xeran polémica. Na pasada campaña das eleccións xerais, unha conta que se identificaba como Vox Cee Costa da Morte publicou unha mensaxe que chamaba "aldeán" ao candidato do BNG.


Néstor Rego contestoulles no seu Twitter e a polémica chegou aos medios. Posteriormente, Vox informou que esa conta non era súa e que a denunciaba.


Fotomontaxe Feijoo Abascal mitin




Por outra banda, a formación de Santiago Abascal publicou outro comunicado, no que ataca ao PP galego. "As cesións ao nacionalismo en Galicia foron a tónica habitual da lexislatura de Núñez Feijóo" , asegura.


Vox confirmou que se presentará ás eleccións galegas coas súas siglas. Con todo, non ten aínda candidato. Consultadas por Galiciapress, fontes oficiais declinaron explicar como o partido elixirá á persoa que compita con Feijóo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE